Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ferrol arrow Verdegaia respalda as mobilizacións contra a entrada do buque gaseiro na Ría de Ferrol  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia respalda as mobilizacións contra a entrada do buque gaseiro na Ría de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 de Maio do 2007

gaseiro.jpgDende Verdegaia queremos comunicar a nosa adhesión ás mobilizacións que tanto o Comité Cidadán de Emerxencia como a Confraría de Pescadores de Ferrol están levando a cabo no Peirao de Curuxeiras e na bocana da Ría de Ferrol, dende o pasado domingo, para impedir a entrada do buque gaseiro “Galicia Spirit”. Manifestamos tamén o noso máis absoluto rexeitamento á instalación e posta en funcionamento da planta de gas de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol, xa que entendemos supón unha ameaza para a seguridade e a vida das persoas que viven na Ría de Ferrol e no seu contorno, ademais de conlevar un impacto ambiental de consecuencias imprevisíbeis para a riqueza pesqueira e marisqueira polos recheos efectuados e os efluentes que se verterán á ría.

É inconcebíbel que se pretenda meter dentro da ría un buque gaseiro para realizar supostas probas na planta de gas cando REGANOSA ten dúas sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en contra de dita instalación por carecer do preceptivo Estudo de Impacto Ambiental, lembrando ademais que existe unha sanción da Comisión Europea ao Estado español por incumprimento da Directiva Seveso II (lei de seguridade en instalacións de gas licuado). Por outra parte, REGANOSA non conta aínda con todos os preceptivos permisos administrativos para a súa posta en funcionamento (no Ministerio de Industria non consta a finalización das obras e o conseguinte permiso).

Por estas razóns, a Xunta de Galicia está mentindo ao afirmar públicamente que a planta de gas de Punta Promontoiro cumpre a legalidade.

Tampouco está demostrado que sexa un “proxecto estratéxico” para Galicia, xa que os promotores da instalación recoñecen que de momento a rendibilidade da mesma está en cuestión, e a Xunta nunca explicou en que consiste esa estratexia enerxética e a quen beneficia realmente.

Por todo isto, queremos facer un chamamento a toda a cidadanía de Ferrol e da súa comarca para que se sume ás movilizacións en contra da planta de gas e da entrada do buque gaseiro na Ría de Ferrol, xa que está en xogo a vida das persoas e da propia ría.

 
Verdegaia - Ferrol
Novas de Verdegaia-Ferrol
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top