|
Somos a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS
Courel”, veciñ@s do Courel; territorio da Galiza, cuns valores
culturais, naturais, xeolóxicos, paisaxísticos, educativos e científicos, únicos
en Europa, foi incluído na Rede Natura 2000, é Patrimonio de
tod@s. Propiedade común son tamén as augas
que todos estes montes recollen da néboa do Océano, e voltan por milleiros de
regatos e ríos; atravesando terras de Asturias, León, Galiza e Portugal, ata o
Mar
Sen axuda de tod@s, só @s veciñ@s do
Courel, con pouco máis de “mil votos”, seremos incapaces de parar esta desfeita,
camuflada detrás do manexo hipócrita e propagandístico da Rede Natura e da
eterna promesa tranquilizadora dun Parque Natural, que chegará tarde e con mil
recortes, sen cartos, esquivando “intereses poderosos”, reducido a “un debuxo
nun plano” e anunciado nun “folleto”.
Esta Asociación, no outono de 2004 fixo unha campaña na
defensa do Courel . A Xunta de
Galicia, na primavera de 2005, respondeu cunha proposta de Parque Natural
totalmente mutilada, deixando fora todo o sur do
Courel para as pizarreiras existentes e outras
novas que se pretendenn autorizar:
Agora, no 2007/2008, o
Courel será Parque Natural definitivamente, un pouco máis extenso ao norte que na proposta do
2005, pero outra vez gravemente mutilado ao sur, para acoller as mesmas canteiras
e as mesmas novas concesións. Moi pronto 9
macrocanteiras canteiras “explotaran” simultaneamente a
Serra.
Esta declaración, que se invalida a si
mesma, é a “sentencia” definitiva do Courel. Logo coa inminente próxima aprobación da Lei de Ordenación da
Minaría de Galicia, Folgoso do Courel será declarado Concello Mineiro (artigo
46, páxina 28). E por presunto interese social, a minaría terá prioridade sobre
o Parque Natural e poderán ir recortándoo na medida das
“necesidades” .
Esta declaración deixa fora do Parque o pregue Tombado do Courel un fito
xeolóxico único en Europa e a metade sur da cunca do Lor algo único dentro da
Rede Natura e unha das rarezas que fan extraordinario ao Courel. Tratase da
profunda incursión da zona bioxeográfica Mediterránea no interior da Atlántica,
de excepcional riqueza faunística, un dos últimos hábitats
do bufo real na Galiza, ave en perigo de extinción. As terras de Santa Eufemia, Baldomir, Vilamor, Froxán, Vilar, Castro Portela, Salcedo, a Montaña do Lor, Barxa de Lor, ... ; todo isto quedará fora do
Parque Natural, todo por mor da “obsesión de non dar gastado os recursos
naturais”
A urxencia desta ciberacción ven dada pola inminente legalización da canteira “La Campa” no Consello da Xunta de
Galicia, tal e como se nos comunicou dende todos os Organismos Sectoriais
competentes. A documentación xa está preparada na Comisión Superior de
Urbanismo, para ser examinada. Xa alegamos reiteradamente ante as
Administracións, que esta é unha explotación imposible por estar totalmente
cercada polos ríos Lor e Loruda, por varios núcleos de poboación, pola estrada
LU-651, polo souto de Santa Eufemia e no medio de un Espacio Natural. Máis cedo
que tarde terá que ser clausurada, pero acontecerá despois de legalizada, e terase
que indemnizar á empresa con cifras astronómicas con cargo aos Fondos
Públicos.
Para participar na ciberacción
|