Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Comeza o programa de préstamo de bicicletas na USC PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 de Abril do 2007
thumb_bicis_doraxan Coa presentación do programa en rolda de prensa, hoxe comezou o reparto das 60 bicicletas do Programa de Préstamo de Bicicletas promovido por Verdegaia, a Oficina do Plano de Desenvovelemento Sostible da USC e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible. Participaron na presentación (de esquerda a dereita) a coordinadora do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC, Dora Blanco; o director xeral de Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, Emilio Manuel Fernández; a vicerreitora de Calidade e Planificación, Paz García; e o coordinador xeral de Verdegaia, Xan Duro (premer na foto para ampliar)

Esta idea suscitou un grande interese entre a comunidade universitaria, da que se recibiron perto de 500 solicitudes para participar no mesmo.

O seu obxectivo é fomentar o uso de medios de transporte alternativos ao coche, fornecendo unha ferramenta práctica para visualizar a viabilidade da bicicleta como modo de transporte, e estudar as particularidades do seu uso en Santiago e Lugo.

O transporte, do que o consumo enerxético unha das súas facianas principais, é unha das causas fundamentais da actual crise ecolóxica. A súa integración cotiá na nosa vida fai que esquezamos ou descoñezamos os profundos efectos destrutivos tanto locais como globais que provoca nas súas actuais dimensións e características. Os seus efectos non son só ambientais (efecto invernadoiro, contaminación acústica, atmosférica e do chan) senón tamén sociais (accidentes, exclusión social, illamento, expropiacións, despoboamento) e mesmo culturais.  

O inicio da solución dos problemas inherentes ao transporte e a mobilidade pasa, dende unha óptica ecolóxica e de sustentabilidade, en primeiro lugar por ser conscientes de que movernos incide no ambiente, incide no noso entorno social e incide noutros países e colectivos dos que parten as materias primas para manter o actual sistema de transporte. Cómpre escoller o medio máis axeitado en cada momento tendo en conta todos os factores e favorecendo o menor impacto. Nesta nova cultura da mobilidade, a bicicleta está chamada a ter un papel central e as tres entidades apostan polo seu uso cotián.

O programa desenvólvese ate o 29 de xuño e fundaméntase no préstamo de bicicletas aos membros da comunidade universitaria que se acollan ao programa e se comprometan a empregala habitualmente nos seus desprazamentos cotiáns. Durante este periodo, recibirán clases de mecánica básica e condución urbana da bicicleta impartidas por Verdegaia e analizarán as posibilidades da bicicleta como modo de transporte

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top