A exposición “Freemos o cambio climático”, promovida conxuntamente por Verdegaia e por Ecologistas en Acción, explica que é o cambio climático, as súas causas, os seus efectos a nivel mundial e na Península Ibérica e as súas solucións. A exposición, que consta de 14 paneis, ponse a disposición de asociacións, centros de ensino e institucións de toda Galicia
A
actividade humana está alterando o clima mundial. Xa se sabe
que, de non reducirmos a tempo as emisións de dióxido
de carbono (CO2) e doutros gases que intensifican o efecto
invernadoiro, os efectos serán moi graves para o medio
ambiente, a economía e a sociedade. A responsabilidade
principal deste problema é dos países enriquecidos do
Norte, mais serían os países empobrecidos do Sur os
máis prexudicados.
Os obxectivos da
exposición son concienciar sobre a magnitude e a urxencia do
problema do cambio climático e estimular a participación
da sociedade galega na loita contra o maior problema ambiental
global. É fundamental que, como cidadáns e cidadás,
presionemos ás Administracións que actúan en
Galicia para que se tomen en serio o problema do cambio climático
e actúen en consecuencia. Por outro lado, tamén temos
un papel importante como consumidores e consumidoras: o
uso que facemos da enerxía na nosa actividade diaria (no
transporte, a calefacción, a iluminación, etc.)
contribúe ás emisións de CO2, o
principal gas de invernadoiro. Se facemos un uso eficiente desa
enerxía, elixindo tecnoloxías que aforren e
prescindindo de excesos de consumo, seremos parte da solución
ao cambio climático.
A exposición, unha adaptación
a Galicia da concebida a nivel estatal por Ecologistas en Acción,
está formada por 14 paneis:
-
Presentación
-
Que é o cambio climático?
-
Efectos.O cambio climático
no Mundo (I)
-
Efectos.O cambio climático
no Mundo (II)
-
Efectos. O cambio climático en España (I)
-
Efectos. O cambio climático en España (II)
-
Causas. O consumo de enerxía (I)
-
Causas. O consumo de enerxía (II)
-
Causas. As Centrais térmicas
-
Causas. O transporte
-
Solucións. Negociacións internacionais
-
Solucións. Aforro de enerxía (I)
-
Solucións. Aforro de enerxía (II)
-
Enerxías renovábeis
Está pensada para un público
amplo, cun deseño visual e unha linguaxe clara.
Se estás interesado/a en coñecer
as condicións nas que se ofrece a exposición ponte en contacto connosco premendo aquí ou escribindo a info(a)verdegaia.org
|