Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
ecotv
incineracion
I Xornadas de troco e cesión en Vigo PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 08 de March do 2007

Cartaz Troco

O Centro Social A Revolta, A ONG de cooperación para o desenvolvemento Amarante, a cooperativa de consumo consciente Árbore, a asociación cultural Caleidoscopio, o Centro Social Faísca, a cooperativa de comercio xusto Mundos e Verdegaia-Vigo organizan para o próximo sábado 17 de marzo unha xornada de troco e cesión no local do Centro Social Faísca, na rúa Toledo nº 9, do barrio vigués de O Calvario.

Esta primeira xornada de troco e cesión pretende crear un espazo de intercambio e cesión voluntaria de bens no que non se empreguen os cartos. Os fundamentos desta experiencia son fondamente ecolóxicos, na medida en que o troco e, por suposto, a cesión, baséanse na reutilización dos bens, na súa revalorización e na primacía das interrelacións persoais, moito máis enriquecedoras que as relacións artelladas ó redor do intercambio monetario.

O sábado 17, a partir das 11 da mañá, todo aquel que queira participar nesta experiencia poderá pasarse polo Centro Social Faísca levando aqueles bens —roupa, libros, música, obxectos decorativos, artesanía e o que a cada un lle pete— que queira trocar ou ceder voluntariamente a outras persoas. A idea de base é fomentar a cesión desinteresada dos obxectos que non utilizamos (e que ben lle poden servir a outras persoas) ou o seu intercambio por aqueles obxectos ou bens dos que si precisamos.

Horario orientativo

11:00 a 14:00. Apertura do mercadiño de troco e cesión. Non hai metodoloxía previa, na crenza de que son as relacións persoais as que mellor poden axustar os intercambios.

14:00 a 16:00. Xantar coletivo. Trátase de que todos aqueles que queiran se xunten para compartir o xantar e as súas experiencias. As asociacións organizadoras aportarán unhas empanadas, e cada quen o que lle pareza (¡animádevos, preparade unhas tortillas ou traede unhas ensaladas e listo… e se alguén non lle da ben á cociña, que por iso non vaia quedar na casa!).

16:00 a 17:00. Mercadiño de troco e cesión.

17:00 a 19:00. Presentación das asociacións participantes, cunha breve exposición de cada unha, e proxección dos documentais Gran Superficie e A Ilha das Flores, ambos sobre o consumo e as súas consecuencias.

19:00 a 21:00. Coloquio sobre consumo, moderado por Manolo Garrido, presidente da cooperativa Árbore.

21:00. Serán popular, festa de fin de xornada.

Como dixo alguén, "Se conseguíramos consumir dunha forma moderada, sensata, xusta, ecolóxica e solidaria, a sociedade no seu conxunto funcionaría nesa dirección."

Descarga o cartaz en A3 

 
Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top