Inicio arrow Resíduos e contaminación arrow Ecologistas en Acción informa sobre a contaminación dos peixes por mercurio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Ecologistas en Acción informa sobre a contaminación dos peixes por mercurio PDF Imprimir Correo-e
Venres, 02 de Marzo do 2007
mercurio_cero.jpgO consumo de peixe é importante como fonte de proteínas cardiosaudables. Porén, a contaminación que chega a ríos, lagoas, mares, ... fai que algunhas especies acumulen no seu organismo unha cantidade de mercurio e outros contaminantes que as fan desaconsellables para o consumo humano. Ecologistas en Acción presentou a guía “Mercurio en pescado” coas especies que adoitan figurar nas alertas do Sistema de Alerta Rápida da UE.

O mercurio é un metal pesado sumamente tóxico que afecta sobre todo o desenvolvemento do sistema nervoso central. Un informe da Unión Europea demostra que entre 3 e 15 millóns de europeos teñen niveis de mercurio que sobrepasan os límites recomendables e que algunhas persoas supérannos até dez veces. Aínda que o informe non calcula os custos desta contaminación, un estudo similar en Estados Unidos estima que entre 300.000 e 600.000 bebés nacen cada ano cun cociente intelectual mermado a causa da súa exposición ao metilmercurio e que isto representa unhas perdas anuais de 8.700 millóns de dólares para a economía norteamericana.

A poboación máis vulnerable á contaminación por mercurio son os nenos e nenas e as mulleres en idade fértil, embarazadas ou en período de lactancia, que poden transmitírllelo aos seus fillos e afectar o desenvolvemento do cerebro. En calquera caso, todos e todas somos sensibles á toxicidade do mercurio e debemos reducir ao mínimo o noso consumo de peixe contaminado. A actividade industrial, principalmente a industria química –por exemplo, en Galicia, o complexo ENCE-ELNOSA- e a combustión de carbón –no noso país funcionan dúas centrais térmicas de carbón, a das Pontes e a de Meirama- son as fontes antropoxénicas que máis mercurio emiten ao medio ambiente.

A confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción presentou a guía “Mercurio en pescado” coas especies que adoitan figurar nas alertas do Sistema de Alerta Rápida da Unión Europea (25 alertas e 36 notificacións de información en 2006). Este sistema notifica os riscos para a saúde humana que se deriven de alimentos ou pensos e permite retirar do mercado os que poderían constituír unha ameaza para a saúde e a seguridade.

 

Podes descargar aquí o folleto: Mercurio en pescado

Web sobre mercurio de Ecologistas en Acción

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top