Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2007
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Fiando Verde
Revista Cos Pés na Terra
isap
galizanonsevende
bicis
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
eco57
transforma
Verdegaia esixe unha rexeneración axeitada dos terreos afectados por unha área recreativa PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 25 de Febreiro do 2007

vista_do_lic_con_entullo_debaixo.jpgLamenta a ausencia de criterios ambientais á hora de repoñer a legalidade urbanística en terreos da Rede Natura 2000. Denuncia, asemade, o emprego de materiais de construción na recuperación do terreo afectado. Solicita a paralización cautelar das obras e a redación dun verdadeiro proxecto de rexeneración ambiental para a zona afectada.

 

Tamén demanda que se derruben as tres edificacións construídas ilegalmente no Lugar de Montefaro (Meirás), impedindo a súa legalización, por afectar á Rede Natura 2000.

vista_xeral_da_parte_baixa.jpgVerdegaia Ferrol considera que as obras de reposición da legalidade urbanística que se están levando a cabo nos terreos afectados por unha área recreativa (circuito de motocross, etc.) no Lugar do Limpeiro (Valdoviño), carecen de criterios ambientais ao empregarse materiais que non se corresponden co tipo de sustrato natural existente na zona, constatándose o depósito de resíduos de obra (cascallos, plásticos, etc.) para recuperar a orografía orixinal do terreo afectado. Este feito xa foi posto en coñecemento do SEPRONA (Servizo de Proteción da Natureza da Garda Civil) e do Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente para que velen porque a rexeneración do terreo se faga coa maior sensibilidade e rigor ambiental posíbeis, dado que a zona afectada pola área recreativa forma parte da Rede Natura 2000 como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) "Costa Ártabra".

 

montns_de_terra_do_circuito_xunto_a_pieiros.jpgSegundo puidemos saber, a Consellería de Política Territorial foi quen decretou no seu día a paralización das obras de construción da área recreativa nesa zona, promovida pola A.VV. Santa Eulalia de Valdoviño, ordeando posteriormente a reposición do terreo afectado ao seu estado natural. Desde Verdegaia valoramos moi positivamente a actuación da Xunta de Galicia neste asunto mais, considerando que os terreos afectados forman parte da Rede Natura 2000, debería evitarse a improvisación das obras e esixirse a redación dun proxecto de rexeneración ambiental no que figure as cotas de nivel orixinais, o tipo de materias axeitados a empregar, as especies vexetais a implantar para fixar o terreo, etc., ademáis de sometelo a información pública. Non nos consta que exista un proxecto coherente que contemple este tipo de criterios, por este motivo Verdegaia personouse como parte interesada no expediente relacionado con este asunto para dispoñer de máis información, solicitanto ante a Consellería de Política Territorial a paralización cautelar das obras de "rexeneración" mentres non se garantice unha correcta reposición do terreo afectado.

 

Por outra banda, Verdegaia tamén personouse como parte interesada no expediente incoado contra o Concello de Valdoviño por permitir a construción de tres vivendas unifamiliares no Lugar de Montefaro, parroquia de Meirás, resultando afectada a Rede Natura 2000. Solícítaselle á Consellería de Política Territorial que decrete o derrubo das devanditas edificacións, impedindo a sua legalización.

 
Advertisement
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
10 preguntas
4x4
sust_2007
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Feira Terractiva
Outubro 18 - 19, 2008

Ver calendario completo
Sindicación
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top