Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2007
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Fiando Verde
Revista Cos Pés na Terra
isap
galizanonsevende
bicis
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
eco57
transforma
Verdegaia - Vigo organiza un roteiro pola Enseada de San Simón PDF Imprimir Correo-e
Venres, 23 de Febreiro do 2007
illas20cies20056Saírase da Estación de trens de Vigo ás 9:00 h. e da Estación de trens de Arcade (Soutomaior) ás 10:00 h., empregando o tren –un medio de transporte sostible- para desplazarnos ate Arcade. O itinerario previsto é o seguinte: Estación de trens de Arcade, Río Verdugo, Pontesampaio, Illa do Castelo, Illas Salvedosas, Muiño de marea de Paredes, Punta dos Caralletes e Larache. O percorrido realizarase a pe coa axuda dun guía da Asociación que dará explicacións precisas sobre os diferentes aspectos (biolóxicos, etnográficos,...) da Enseada ó longo da xornada.

O roteiro durará todo o día e cómpre levar comida, calzado e roupa axeitados, e prismáticos se se dispón deles. Ademais, é aberto e gratuito para todas e todos.

A Enseada de San Simón
A Enseada de San Simón está situada nos concellos de Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña e Pontevedra e pertence á Rede Europea de Espazos Naturais Rede Natura 2000 dende o ano 2001 cun espazo protexido de 2.252 Ha.

Este espazo natural alberga cinco Hábitats de interese comunitario para a Unión Europea. Son os seguintes:

  • Chairas lamacentas ou areosas que non están cubertas de auga cando hai marea baixa.

  • Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areosas.

  • Pasteiros de Spartina.

  • Pasteiros salinos atlánticos.

  • Bosques aluviais de amieiros

Un destes cinco hábitats -o composto por Bosques aluviais de amieiros- é, ademais, un Hábitat prioritario para a Unión Europea e constitúe un dos tres bosques de amieiros máis grandes de Galicia.

A Enseada de San Simón alberga tamén dúas especies de animais de interese comunitario para a Unión Europea que son o Sapiño pinto (Discoglossus galganoi) e o Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi), ademais de ser unha importantísima zona de invernada para un elevado número de aves acuáticas entre as que salientan o Lavanco (Anas platyrhynchos) ou o Pato asubión (Anas penelope) que contan con máis dun milleiro de aves cada unha invernando ano tras ano neste espazo natural.

A nivel botánico salientan as Pradeiras submariñas de Ceba (Zostera marina e Zostera noltii) que conforman os Cebais: superficies cubertas de plantas submariñas que cumpren importantísimas funcións no ecositema como a de servir de agocho de moitos peixes como o famoso Cabaliño de mar (Hippocampus sp.) ou a de ser sustento de gran número de parrulos.

A nivel económico, a Enseada de San Simón cumpre unha importante función xa que alberga importantes bancos marisqueiros e de pesca que son aproveitados pol@s numeros@s mariscadores/as e pescadores da zona.

A nivel etnográfico salienta o Muiño de marea de Paredes ou a Ponte medieval de Pontesampaio.


Para máis información falar con Diego no 670784919

 
Advertisement
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
10 preguntas
4x4
sust_2007
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Feira Terractiva
Outubro 18 - 19, 2008

Ver calendario completo
Sindicación
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top