Inicio arrow Paz e Globalización arrow Privatización da auga con diñeiro da cooperación europea  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Privatización da auga con diñeiro da cooperación europea PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 de Febreiro do 2007

agua.jpgOito organizacións, entre elas Verdegaia, veñen de se dirixir aos Ministerios de Asuntos Exteriores e Medio Ambiente, así como a eurodeputad@s do Estado español denunciando o emprego para a privatización da auga de fundos da UE para Cooperación ao Desenvolvimento. A iniciativa fai parte dunha campaña internacional apoiada por decenas de organizacións.

Ecologistas en Acción, Ingeniería sin Fronteras, OMAL, ODG, ¿Quién Debe a Quién?, Attac, ACSUR-Las Segovias e Verdegaia denunciaron a participación do Servizo de Cooperación Europe-AID no consorcio PPIAF (Public-Private Infraestructure Advisory Facility, Servizo de Asesoramento para Infraestruturas Público-Privadas), que contribúe á privatización da auga e o saneamento en países receptores de AOD (Axuda Oficial ao Desenvolvimento), segundo un informe elaborado por WDM.

As organizacións asinantes da carta consideran o aceso á auga potábel un direito humano universal e imprescindíbel para a vida. As privatizacións dos servizos de abastecimento de auga potábel e saneamento adoitan, ademais, non satisfacer as necesidades mínimas dos sectores sociais máis pobres, como se ten comprobado en Cochabamba (Bolivia), varias cidades arxentinas e Dar es Salaam (Tanzania).

O PPIAF ten unha grande influencia política, o que lle permitiu implicarse en máis de trinta procesos de privatización nos sectores da auga e o saneamento. En 17 destes casos a privatización foi unha condición imposta polas institucións financeiras internacionais para o aceso a préstamos, condonacións de débeda ou doazóns. A UE aportou, desde 2005, dous millóns de euros a esta entidade.

As organizacións asinantes da carta solicitan á Comisión Europea que retire o seu apoio ao PPIAF e non lle aporte un euro máis, reorientando a súa acción cara a colaboración entre organismos públicos no sector da auga (PUPs, Public-Public Partnerships). A aposta polas PUPs, seguindo o exemplo da iniciativa WOP (Water Operators Partnership, Colaboracións entre Operadores de Auga) da ONU, podería ademais contribuír para avanzar no cumprimento dos ODM (Obxectivos de Desenvolvimento do Milenio) referidos ao aceso a auga potábel e saneamento.

Máis información:
http://www.ecologistasenaccion.org/article.php3?id_article=6894


 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top