Inicio arrow Enerxía e Cambio Climático arrow Verdegaia reclama á Xunta que corrixa a súa política enerxética para mitigar o cambio climático  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia reclama á Xunta que corrixa a súa política enerxética para mitigar o cambio climático PDF Imprimir Correo-e
Martes, 13 de Febreiro do 2007

Verdegaia demanda á Xunta que adapte a súa política enerxética á loita contra o cambio hpim1490.jpgclimático. Para iso, debe apostar con forza polo aforro e a eficiencia enerxética, deixar de apoiar as centrais térmicas de carbón e promover máis as enerxías renovables, especialmente nas súas aplicacións máis descentralizadas. Unha nova estratexia enerxética debería ser o eixo central do Plano Galego de Redución de Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI).

Cando faltan poucos días para celebrar o segundo ano da entrada en vigor do Protocolo de Quioto, a Consellería de Medio Ambiente segue sen facer público o Plano Galego de Redución de Emisións de GEI.

O actual Goberno galego, e especialmente a Consellería de Medio Ambiente, ten amosado maior sensibilidade cara ao problema do cambio climático que a Xunta anterior, mais esa sensibilidade segue sen traducirse en decisións que estean á altura da dimensión e a urxencia do desafío. Proba diso é a Estratexia Energos (2006-2009) da Consellería de Industria, que considera aceptable unha taxa de crecemento da demanda enerxética do 2,3%, acorde co escaso esforzo que fai por impulsar o aforro e a eficiencia. Os fondos públicos previstos para o apoio ao aforro e a eficiencia suman só 64 millóns de euros en 4 anos.

Especialmente grave é o apoio das Consellerías de Medio Ambiente e de Industria ás centrais térmicas de carbón. A Xunta segue ser mover un dedo para desincentivar a produción de electricidade nas térmicas galegas de ENDESA e UNIÓN FENOSA, responsables do 42% das emisións do noso país en 2004. Durante o proceso de consulta ás Comunidades Autónomas do Plano Nacional de Asignación de Dereitos de Emisión de CO2 2008-2012, a Xunta non fixo nada para que se penalizase fortemente a queima de carbón, o combustible máis contaminante. Ademais, a Consellería de Economía non prevé reformar o imposto autonómico sobre contaminación atmosférica para desincentivar a produción sucia de electricidade. Resulta hipócrita pedir á cidadanía que reduza as súas emisións de GEI mentres persiste a cumplicidade coas empresas que máis contribúen ao cambio climático e que máis poden facer para reducir as emisións.

Algunhas actuacións políticas da Xunta son contrarias ao fomento da eficiencia enerxética. É o caso da iniciativa do presidente da Xunta de presionar ao Ministerio de Industria para frear a suba das tarifas eléctricas dos maiores consumidores industriais, até hoxe moi baixas. O mesmo se pode dicir das críticas da Consellería de Industria á intención do Ministerio de Industria de favorecer que se constrúan centrais eléctricas onde máis se consume, en detrimento de zonas excedentarias como Galicia, o que reduciría as perdas no transporte de electricidade. Atrás desta posición semella o desexo de garantir niveis de produción altos para as centrais térmicas de carbón –que están a ser reformadas- e para as dúas novas centrais térmicas de gas natural que entrarán proximamente en funcionamento.

Verdegaia critica tamén a falta de participación social na planificación enerxética e da loita contra o cambio climático. Nin a Estratexia Energos (2006-2009), nin o Plano Enerxético 2007-2012 (presentado en novembro no Parlamento), nin o Plano de Redución de Emisións de GEI, foron obxecto dun proceso amplo de diálogo social.

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top