|
O cambio climático xa está aquí. Cada vez son máis as evidencias. Por exemplo, a temperatura media entre 1973 e 2004 aumentou 1,42 ºC en Galicia. “10 chiscos ao Clima” é unha acción de Ecologistas en Acción que ofrece uns consellos moi sinxelos para nos comprometermos como consumidoras e consumidores na urxente loita contra o cambio climático. Estamos a tempo de evitar un cambio climático catastrófico. A túa contribución é importante e necesaria.
1. Utiliza o transporte colectivo en lugar do coche. 2. Evita as perdas de calor illando portas e fiestras. 3. Utiliza electrodomésticos con etiquetaxe enerxética de clase A. 4. Aproveita a luz natural todo o que poidas. 5. Compra o que precises, produtos locais e con poucos envases. 6. Pasea ou usa a bicicleta nos traxectos curtos. 7. Regula os teus radiadores a unha temperatura non superior a 20ºC. 8. Apaga totalmente os televisores, computadores e aparellos de música cando non os uses. 9. Instala lámpadas de baixo consumo ou tubos fluorescentes. 10. Reduce o consumo de produtos envasados, reutiliza os envases ou, polo menos, recíclaos. Descarga o cartel Con el cambio climático solo tendrás los negativos.pdf! |