Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ourense arrow Organízanse as I Xornadas de Agroecoloxía de Ourense  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Organízanse as I Xornadas de Agroecoloxía de Ourense PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 de Xaneiro do 2007
agroecoloxiaA Esmorga, Amigos da Terra, Esquerda Unida, Semente e Verdegaia deciden apostar, neste ano que acabamos de estrear, por comezar de forma contundente coa difusión da agroecoloxía como forma de vida tanto para consumidoras/es como para productoras/es.

Propoñen unha serie de palestras, mesas redondas, actividades formativas e video-fórums para achegarnos máis a este mundo e facernos máis partícipes do mesmo.

Para máis información consultar a páxina web http://agrourense.info/

Comezar o ano cunhas xornadas como as que agora se presentan non é máis ca unha declaración de intencións do traballo que pretenden levar a cabo o resto do ano, e tentando conglomerar en 10 días diversas actividades que sirvan para achegarnos máis ao mundo da agricultura e gandería ecolóxica. Conscientes de que existe unha necesidade manifesta de ofrecer información e experiencias dentro deste sector de cara á sociedade, como obxectivo principal.

Querese resaltar da agroecoloxía o seu potencial transformador da sociedade na que vivimos, xa que supón actuar de forma activa contra un modelo de producción agrícola e gandeira intensiva e aberrante, potenciada por intereses económicos e comerciais insensibles á calquera consideración de saúde pública, de benestar animal ou de respecto ao medio natural. 

A Agroecoloxía aséntase nas relacións de confianza entre o colectivo que produce e o que consume, substituíndo as relacións meramente comerciais entre eles ademais de potenciar ao pequeno/a productor/a local. Impulsar este sector poñería freo á expasión das grandes superficies comerciais apiadas na política do consumo insustentable.

 
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top