Inicio arrow Paz e Globalización arrow Reclaman soberanía alimentaria perante a ameaza dos cultivos enerxéticos  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Reclaman soberanía alimentaria perante a ameaza dos cultivos enerxéticos PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 de Xaneiro do 2007

Redes de organizacións latinoamericanas veñen de enviar unha carta aberta ao Parlamento europeu, á Comisión Europea e aos gobernos e cidadanía da UE expondo a súa preocupación polas políticas que probabelmente serán adoptadas para favorecer o uso e importación de biocombustíbeis como alternativa aos combustíbeis fóseis.

Na carta, asinada pola Rede Alerta Contra o Deserto Verde, Red Contra los Monocultivos de Árboles, RALLT (Red por una América Latina Libre de Trasgénicos), Oilwatch-América do Sul e Movimiento Mundial por los Bosques Tropicales, advértese de que o que pode semellar unha alternativa positiva frente ao quentamento global está a ter graves consecuencias sociais e ambientais nos países periféricos.

As redes asinantes da carta adverten que Europa nunca será autosuficiente en combustíbeis fóseis polo que, ao manter o seu estilo de vida baseado na cultura do automóbil, a demanda europea de biocombustíbeis está a ter como consecuencia a perda de soberanía alimentaria, a desaparición de ecosistemas nos países do “Sul” e a ocupación de territorios indíxenas, ademais da degradación da saúde nestes lugares por mor do uso de agrotóxicos e especies transxénicas. Quen asinan a misiva adverten tamén de casos de uso de mao de obra escrava.

A UE está a piques de aprobar unha directiva sobre biocombustíbeis que pode ser crítica para muitos países periféricos. As redes demandan a procura de solucións que non empioren a xa dramática situación dos pobos de Latinoamérica, Asia e África. A Comisión Europea debe actuar para previr a deforestación, a perda de biodiversidade, a ocupación de terras indíxenas e o empobrecimento de comunidades, e pódeo facer estabelecendo unha moratoria nos obxectivos e obrigas sobre biocombustíbeis mentres non se garantan fontes sustentábeis destes e se tomen todas as medidas posíbeis para deter as importacións de biocombustíbeis ligadas a deforestación, perda de biodiversidade, polución ou violacións dos direitos humanos.


Máis información:
Carta Aberta: Queremos Soberanía Alimentaria, Non Biocombustíbeis
Biocombustíbeis: Alternativa?

 

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top