Inicio arrow Urbanismo e territorio arrow Atrasos inxustificados na elaboración do Plano de Ordenación do Litoral  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Atrasos inxustificados na elaboración do Plano de Ordenación do Litoral PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 de Decembro do 2006

coches_litoral De acordo coa Lei 9/2002 de ordenación urbanística, o Plano de Ordenación do Litoral debería estar en vigor desde o 1 de xaneiro deste ano, polo que semella inxustificábel adiar máis a súa aprobación. O Presidente da Xunta anunciou en decembro de 2005 a presentación dun avanzo deste Plano en xuño do presente ano, unha promesa incumprida de particular gravidade dada a súa urxencia.

Durante as últimas décadas, moitos tramos da costa galega sufriron un proceso de artificialización intensiva, que se podería estender a moitos tramos máis nos próximos anos se non se corrixe axiña a situación. Por exemplo, na provincia de Pontevedra, segundo o Observatorio da Sostibilidade en España, no ano 2000, o 21,4% da franxa costeira de 0 a 2 km xa estaba artificializada, porcentaxe similar á doutras provincias cunha costa altamente artificializada, como Girona, Valencia ou Cádiz.

Os principais responsables da insustentabilidade do modelo territorial galego son os Concellos que, en moitos casos, antepoñen os intereses dos promotores inmobiliarios ao interese público, ás veces mesmo vulnerando a normativa legal ou de forma corrupta. Sen unha intervención decidida por parte da Xunta e sen unha maior presión social, o sector da construción seguirá a planificar de feito o territorio en función dos seus intereses privados, á custa da destrución do medio ambiente e sen apenas contribuír a resolver o problema do acceso á vivenda das persoas con menores ingresos .

Verdegaia vén de presentar alegacións ao Anteproxecto de Lei de medidas urxentes en materia de ordenamento do territorio e do litoral de Galicia nas que esixe, ademais da aprobación do Plano de Ordenación, a creación do Consello Galego do Litoral, órgano consultivo con representación de todos os sectores sociais interesados na planificación do litoral co fin de contribuír á transparencia e á participación social, así como a execución das ordes de demolición pendentes nos Concellos costeiros afectados por edificacións ilegais na Zona de Servidume de Protección (Z.S.P.) do Dominio Público Marítimo-Terrestre.

Tamén demanda que os concellos costeiros afectados por edificacións ilegais na Z.S.P do Dominio Público Marítimo-Terrestre executen, no máis breve prazo posible, os expedientes de demolición que teñan pendentes en dito ámbito.

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top