Inicio arrow Novas de Verdegaia-Vigo arrow Verdegaia organiza un roteiro polo río Eifonso  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia organiza un roteiro polo río Eifonso PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 29 de Novembro do 2006

eifonso03.jpgO río Eifonso é un dos espazos naturais con maior valor ecolóxico do Concello de Vigo. A súa fraga de ribeira, con especies vexetais que en todo o concello só atopamos neste lugar, a pureza das súas augas, a fervenza da Ferrolana (a máis grande da bisbarra) ou a riqueza etnográfica que alberga fan deste río un entorno de singular valor e beleza.

Durante o transcurso do roteiro aproveitaremos a ocasión para observar diferentes especies de plantas, felgos, aves, anfibios, peixes,… e poderemos coñecer algúns dos principais valores naturais e culturais deste espazo natural.

 Será o domingo 3 de decembro, saíndo ás 10:00 dende a Igrexa do Mosteiro (Bembrive).

eifonso02.jpg Itinerario previsto: Igrexa do Mosteiro (Bembrive), ponte sobre o Eifonso na estrada Bembrive-Beade, muíños do Eifonso, Fervenza da Ferrolana, Capela dos Ramallos, ruinas da Fraga (antigo Beade), Parque Forestal de Beade, repoboacións do Campus da Universidade, Igrexa do Mosteiro.

Cómpre levar comida, calzado cómodo, chuvasqueiro e prismáticos se se dipón deles.

Para máis información: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ou Diego (670784919).

 Descarga o cartaz

 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Roteiros
Xuntanzas
Contacto
A Ría Non se Vende
   Home  Print  @ Contact Top