Inicio arrow Resíduos e contaminación arrow Deamos o primeiro paso, entidades galegas pola redución dos residuos  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Deamos o primeiro paso, entidades galegas pola redución dos residuos PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 29 de Novembro do 2006

Verdegaia sumouse á campaña “Deamos o primeiro paso, entidades galegas pola redución de residuos”, cuxo obxectivo é a creación dunha rede de entidades que difundan prácticas e iniciativas a prol da redución do lixo, tanto no seu funcionamento interno como no seu ámbito de actuación. A Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que forma Verdegaia, é unha das principais impulsoras desta acción.

No lanzamento da campaña, a FEG sinalou que, dado o preocupante aumento na produción de lixo na nosa terra (case un 24% no período 1998-2003) e a inexistencia de medidas para atallar estes incrementos por parte da administración galega, son os colectivos sociais os que queren promover a redución en orixe e reclamar o dereito a un consumo que produza menos residuos.

Desde hai décadas, desde o movemento ecoloxista vense promovendo, no eido dos residuos, a estratexia dos 3R (reducir, reutilizar e reciclar), mais o sistema económico e a administración só ten promocionado, e de forma insuficiente, o último R, a reciclaxe. Deste xeito, os investimentos en prevención e reutilización do lixo no último Plan de Xestión dos Residuos de Galicia (o do período 1998-2003), foron de apenas o 1% do orzamento.

Sendo a reciclaxe o único R que ten recebido apoio, os resultados da xestión do lixo en Galicia seguen a ser moi pobres, xa que no ano 2003 (segundo datos da Xunta) a compostaxe e a reciclaxe de envases apenas sumaron o 7% do total, en canto un 29% foi depositado en vertedoiros e un 64% do lixo foi incinerado e convertido en cinzas e escouras tóxicas destinadas a un vertedoiro de seguridade.

Verdegaia, a FEG e o resto das organizacións promotoras desta acción a prol da redución agardan que o novo Plan de Xestión de Residuos de Galicia que vai impulsar o Goberno bipartito conte coa participación de todos os sectores implicados no mundo dos residuos e promova realmente os 3R.

Cartel Deamos o primeiro paso.pdf

Blog da campaña

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top