Inicio arrow Novas de Verdegaia-Vigo arrow "Viaxe ao País das Nubes" Crónicas poéticas das comunidades indíxenas de Oaxaca  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
"Viaxe ao País das Nubes" Crónicas poéticas das comunidades indíxenas de Oaxaca PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 26 de Novembro do 2006

Capa libroO martes 28 de Novembro, ás 20:00h no Centro Cívico do Casco Vello de Vigo (R/Oliva 12), terá lugar a presentación do libro Viaxe Ao País das Nubes. O autor, Manolo Pipas, membro do grupo GAIM (Grupo de Apoio @s Indíxenas Magonistas), daranos a coñecer entre poemas, reflexións e coloquios parte da cruenta situación na que as comunidades indíxenas mexicas están a desenvolver a súa longa e digna loita dende a resistencia pacífica.Presenta o acto o núcleo comarcal Verdegaia en Vigo.

A Outra Campaña, o CIPO (Consello Indíxena Popular de Oaxaca) e a organización das mesmas comunidades son boa mostra e froito da increible forza dun pobo que loita dende a resistencia pacífica pola defensa da súa cultura, da súa terra e da necesidade e dereito de decidir o seu destino...

Non máis que Terra e Liberdade é o reclamo unísono polo que o pobo indíxena, e aqueles que tentan dar a coñecer esta cercana realidade, está a sufrir e a ser aplacado de maneira violenta polas forzas federais e gubernamentais do país de Mexico.

Poucas destas tenaces voces conseguen atravesar o océano e abrirse oco na nosa necesidade de escoitar e aprender sobre outros modelos de vida, de xestión e de verdadeira loita pacífica polos dereitos e dignidade do ser humano.

Este martes, Manolo Pipas, tenderanos unha ponte dende Mexico ate Vigo para compartir as súas vivencias e darnos a oportunidade de coñecer ben esta outra realidade.

Para máis información sobre o movemento popular oaxaqueño, A Outra Campaña ou outras accións pódense consultar os seguintes enlaces: www.fugaenrede.info e www.nodo50.org/cipo
 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Roteiros
Xuntanzas
Contacto
A Ría Non se Vende
   Home  Print  @ Contact Top