Inicio arrow Blog arrow Premios Verdegaia á Mellor e á Peor Actuación Ambiental 2006  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Premios Verdegaia á Mellor e á Peor Actuación Ambiental 2006 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 23 de Novembro do 2006
cangasVerdegaia vén de outorgar os seus premios á mellor e á peor actuación ambiental do ano, que corresponderon ao Foro Social de Cangas, pola súa intensa actividade en defensa do litoral do Morrazo, e á empresa Brenntag Iberia, polo desastre ambiental no río Umia.

 

Premio á Mellor Actuación Ambiental: Foro Social de Cangas

O Premio Verdegaia á Mellor Actuación Ambiental 2006 recaeu  no Foro Social de Cangas. Este colectivo, que agrupa a máis de 22 asociacións da Comarca do Morrazo e Vigo, creouse alá polo verán do 2004, co gallo de impulsar unha Plataforma Cidadá contra as agresións urbanísticas irreversibles planificadas polo goberno municipal sobre a vila do Morrazo. En concreto, a Vía Rápida, con graves impactos visuais, ecolóxicos e sociais, e os proxectos de urbanización de Massó e Aldán, por constituíren un grave atentado ecolóxico e contra o patrimonio social, histórico e identitario.

Na actualidade, teñen convocada unha concentración pacífica permanente en Punta Salgueirón (Massó), onde a cidadanía leva parando as máquinas a pé de obra dende setembro do 2005, impedindo a construcción de aterramentos e infrestructuras para un novo porto deportivo na ría, unha actuación irreversible no noso litoral que conlevaría un gravísimo impacto social, económico e ecolóxico.

Nestes anos de existencia, o Foro Social converteuse nun importante referente na protección ecolóxica da ría e do medio de Cangas e todo o Morrazo, e nun exemplo da forza colectiva da cidadanía na defensa do patrimonio ambiental, social e cultural.

Premio á Peor Actuación Ambiental: Brenntag Iberia

O Premio Verdegaia á Peor Actuación Ambiental 2006 foi adxudicado á empresa Brenntag Iberia, a raíz do desastre ecolóxico provocado no río Umia coa destrucción total da vida nun tramo de varios quilómetros polos verquidos producidos durante o incendio das súas instalacións. A ausencia de medidas eficaces de prevención ante o alto risco tóxico dos productos almacenados nas súas instalacións de Caldas de Reis, xunto coa irresponsable ubicación do recinto, fai extensible este premio a todas as administracións implicadas que, co desleixo no cumprimento das súas funcións de inspección e vixianza, facilitaron as condicións para un novo desastre ambiental en Galicia.

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top