|
Solidariedade cos pobos indíxenas Tupinikim e Guarani do Espírito Santo (Brasil) |
|
|
|
|
Mércores, 15 de Novembro do 2006 |
|
A Via Campesina do Brasil solicita apoio á luita dos pobos Tupinikim e Guarani do Espírito Santo para a recuperación das súas terras, invadidas pola empresa Aracruz Celulose.
18.070 hectáreas de terras indíxenas Tupinikim e Guarani foron ocupadas pola empresa norueguesa de celulosas Aracruz. Desde a chegada de Aracruz ao Espírito Santo, ademais de acabar coa mata, as aldeas indíxenas pasaron de 40 a ser só 7. A mediados de 2005 os pobos Tupinikim e guarani comezaron a autodemarcación das súas terras, sendo expulsos violentamente pola policia militar e os gardas da empresa dunha aldea reconstruída a comezos de 2006.Os pobos Tupinikim e Guarani exixen ao Ministro de Xustiza e á FUNAI (Fundación Nacional do Indio) que cumpran as súas promesas de demarcación do territorio indíxena e respeiten a legalidade, e denuncian a campaña difamatoria que Aracruz Celulose está a lanzar contra estes pobos. Máis información: MST Rede Alerta Contra o Deserto Verde Via Campesina: Campaña contra Aracruz Envía un correo-e ao Ministro de Xustiza de Brasil: Carta para o MJ setembro 2006.doc |