Inicio arrow Sustentabilidade arrow O acceso á auga potable: un dereito universal  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
O acceso á auga potable: un dereito universal PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 de Novembro do 2006

Ecologistas en Acción propuxo que na prevista reforma da Lei de Augas se recoñeza que o dereito á auga potable é un dereito humano nena_bebendo_auga.jpgfundamental. A incorporación desta proposta, asumida polo Ministerio de Medio Ambiente, convertiría a España nun referente para o resto de estados. Ecologistas en Acción propón que as administracións públicas garantan o acceso a un mínimo de 60 litros por habitante e día, a dotación estimada polas Nacións Unidas para levar unha vida digna.

O abastecemento de auga a poboacións está directamente relacionado coa calidade de vida da poboación, debéndose considerar como un dereito humano fundamental. De feito, así é considerado polas Nacións Unidas. Por outra banda, a propia Constitución Española, a través do artigo 43.1, no que se recoñece o dereito á protección da saúde, de maneira implícita está recoñecendo como un dereito o acceso ao abastecemento de auga para fins domésticos, pois non hai que esquecer que a non dispoñibilidade dun abastecemento urbano adecuado conleva necesariamente a aparición de numerosas doenzas.

A pesar disto, no Foro Mundial da Auga, a proposta de considerar como un dereito o acceso a un mínimo de 30 litros de auga potable por habitante e día foi rexeitada pola maioría dos Gobernos, contando tan só co apoio da Unión Europea e dos Gobernos de Bolivia, Venezuela, Cuba e Angola. Aínda que pareza incrible, ningunha Lei de Augas do mundo recolle explicitamente o dereito da cidadanía ao acceso á auga potable.

Ecologistas en Acción propuxo que o dereito ao acceso á auga potable fique explicitamente recollido na Lei de Augas, que está a ser revisada. En concreto, o que se propón é a inclusión do seguinte artigo:

“Dado o carácter de dereito do acceso á auga potable, nos abastecementos urbanos deberá primar sempre a garantía do acceso universal ao servizo e a calidade do mesmo, por riba de aspectos económicos. Neste senso, as administracións públicas deberán garantir o acceso a un mínimo de sesenta litros por habitante e día á totalidade da poboación, con independencia da súa dispoñibilidade económica”.

A cifra de 60 litros por habitante e día é a estimada por Nacións Unidas como a dotación necesaria para levar unha existencia digna: para beber, 5 litros; para saneamento, 25; para hixiene, 15; para cociñar, 10; para outros usos, 5.

Cando o devandito artigo estea definitivamente incorporado na Lei de Augas española, Ecologistas en Acción ten intención de o remitir a todas as ONGs do planeta interesadas en temas de auga, para que a utilicen como referente para esixir aos seus respectivos gobernos que a inclúan na súa lexislación básica, aínda que só sexa cun volume garantido de polo menos 30 litros de auga potable por habitante e día, que é o volume mínimo estimado por Nacións Unidas para poder sobrevivir, e aos que actualmente varios centos de millóns de persoas non teñen acceso.

Máis información:

Web auga Ecologistas en Acción

 

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top