|
Gran Bicicletada "Con Bici sen CO2" Participa! |
|
|
|
|
Martes, 07 de Novembro do 2006 |
|
O domingo 12 de novembro as 11:00 sairá dende a Alameda de Compostela a Gran Bicicletada "Con Bici sen CO2". Verdegaia propón propón un percorrido sinxelo de 10 km pola cidade, equiparable aos traxectos diarios ao
traballo, aos colexios ou para ir comprar que realiza calquera cidadán. Con esta iniciativa, preténdese amosar a facilidade
de realizar os traxectos urbanos en bicicleta, así como a contribución
persoal que podemos facer elixindo a bicicleta para desprazarnos. Por
todo iso, ao final do percorrido calcularemos o CO2 que evitamos emitir
á atmosfera ao elixir a bicicleta como medio de transporte para os
nosos desprazamentos cotiáns e leremos un manifesto en defensa do recoñecemento da
bicicleta como medio de transporte e a favor do seu uso.
Verdegaia súmase así á Campaña de sensibilización "Mellor Con Bici" promovida por ConBici para fomentar o uso cotián da bicicleta. A Gran Bicicletada é o punto de inicio da Campaña e desenvólvese simultaneamente en Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Santiago e Chantada xunto con outras 24 cidades do Estado-
O sitio de Internet da campaña permite acceder ao material informativo, ten unha
calculadora que permite calcular a cantidade de dióxido de carbono que
se aforra con cada traxecto realizado en bicicleta, convoca un concurso
fotográfico e facilita ligazóns de interese.
|