Inicio arrow Blog arrow Outra maneira de consumir. Mercado alternativo en Compostela  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Outra maneira de consumir. Mercado alternativo en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Monday, 19 de December do 2011
Baixo o lema Para consumir sen nos consumir, os colectivos a Gentalha do Pichel ADEGA, Amarante, Equisol, a Federación Ecoloxista Galega, Panxea e Verdegaia levan o 22 de decembro á Praza do Toural ideas prácticas para un consumo máis consciente

Un obradoiro de xoguetes feitos con materiais de refugallo, unha xornada de troco, aprender a facer xabrón ecolóxico, e información sobre a pegada ecolóxica e social que xeran os nosos hábitos de consumo. Son as actividades que propoñen 7 organizacións de Compostela nunha campaña contra o consumismo e os excesos propios do Nadal, desde os agasallos que mercamos e as opulentas comidas que preparamos até un alumeado que dilapida cartos e enerxía sen outra utilidade que non sexa a ornamental. Así as cousas, os colectivos que se agrupan baixo o paraugas da Federación Ecoloxista Galega -destacando ADEGA e Verdegaia-, o grupo de activistas a prol da lingua e da cultura do país que dan vida á Gentalha do Pichel e tres organización que promoven o consumo consciente en Compostela - Panxea, Amarante e Equisol- xúntanse este ano por vez primeira para dar a volta ao modelo económico organizando un mercadiño alternativo que se celebrará na Praza do Toural o 22 de decembro, a partir das 12.00 horas, e durará todo o día.

Consumir menos, vivir mellor
Con esta campaña, estes colectivos queren respostar á tradicional chamada ao consumo e ás necesidades artificiais xeradas pola publicidade dos medios de comunicación de masas. Do que se trata é de habilitar un espazo de intercambio non capitalista, sensibilizando no consumo consciente e denunciando ao mesmo tempo un modelo económico asentado sobre o consumismo e o esbanxamento innecesario de recursos naturais, tanto no Norte coma no Sur. Se só o 1% das cousas que mercamos fica nas nosas casas transcorridos seis meses, non ten xeito seguir alimentando esta maneira de consumir.

Por iso, neste mercadiño de Nadal non só se poderán facer compras. Ás máis pequenas da casa aprenderán como darlle unha segunda vida aos envases que van parar ao lixo e deseñarán os seus propios xoguetes; e todas coñeceremos un pouco máis sobre o troco, un sistema de mercado onde o que se ten en conta é o valor das cousas e non o seu prezo en moeda, partindo da premisa de que as inxustizas que nacen do sistema capitalista só se combaten promovendo outro xeito de consumir que respecte as persoas e o medio ambiente. Haberá obradoiros tamén para as adultas, coma un de xabrón ecolóxico ao xeito das nosas avoas, reutilizando aceite usado misturado con esencias e sosa.

Mais quen se achegue até o Toural tamén coñecerá o labor de movementos alternativos coma as cooperativas vinculadas co comercio xusto ou a agricultura
ecolóxica. A posta en valor do traballo das produtoras, a defensa do comercio local, a loita polo dereito á soberanía alimentar dos pobos e contra as relacións inxustas que fan as grandes multinacionais son algúns dos piares que sosteñen o comercio solidario. Así, nos postos de Equisol, Amarante e Panxea saberemos de onde vén o café do noso almorzo e canto custa producilo, que son os 'alimentos quilométricos' e a súa pegada ecolóxica, en que condicións traballan as persoas que cosen a nosa roupa nos países do Sur ou o papel das mulleres nas cooperativas que venden os
seus excedentes no mercado xusto.

 
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top