Inicio arrow Montes arrow Verdegaia comparece perante a comisión de estudo do Parlamento Galego sobre os incendios  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia comparece perante a comisión de estudo do Parlamento Galego sobre os incendios PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 de Novembro do 2006

Verdegaia compareceu no 31 de outubro perante a Comisión non permanente do Parlamento Galego para o estudo sobre as causas e consecuencias dos incendios forestais en Galicia, dentro da rolda de comparecencias de organizacións sociais, axentes económicos, alcaldes, etc, organizada por esta comisión.

Óscar Freire, responsable da Área de Montes de Verdegaia, compareceu na tarde do 31 de outubro perante a comisión de estudo do Parlamento sobre os incendios forestais creada após a vaga de lumes da primeira quincena de agosto deste ano. Verdegaia foi convidada pola comisión, formada por deputados e deputadas do PSdG-PSOE e do BNG -o PP non quixo participar nesta comisión-, para falar das causas e das consecuencias dos lumes no noso país. Ademais de analisar as causas e as consecuencias dos incendios, Verdegaia formulou propostas para combater os lumes, insistindo nunha aposta forte pola prevención, a partir do estudo profundo das causas dos lumes, e nunha nova política de montes sustentable.

Durante a comparecencia entregouse aos membros da comisión o documento de posición de Verdegaia “Os incendios en Galicia. Análise e propostas”.

Descarga aquí a intervención completa de Verdegaia perante a comisión:

Comparecencia de Verdegaia perante a comision de estudo sobre incendios do Parlamento.pdf

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top