Inicio arrow Paz e Globalización arrow Biocombustíbeis: Alternativa?  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
RA! - Rede Anticapitalista Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Biocombustíbeis: Alternativa? PDF Imprimir Correo-e
Martes, 31 de Outubro do 2006

capa_biocombustibles.jpgA RALLT (Rede por unha América Latina Libre de Transxénicos) e Acción Ecológica de Ecuador, co apoio da ONGD holandesa Hivos, ven de publicar o libro de Elizabeth Bravo “Biocombustibles, Cultivos Energéticos y Soberanía Alimentaria en América Latina. Encendiendo el Debate sobre los Biocombustibles”.

No mundo hai uns 800 millóns de automóveis que consomen máis da metade da enerxía que se xera, sendo o primeiro causante de efeito invernadoiro e cambio climático. A cantidade de automóveis e o seu uso, lonxe de diminuír, aumenta, e, no lugar de mudar os hábitos que están na orixe do cambio climático, procúrase evitar este por medio de solucións tecnolóxicas. Este é o ponto de partida do libro de Elizabeth Bravo, que, de seguido, pasa a narrar as consecuencias globais e para os países periféricos do empecinamento “occidental” en manter un modo de vida insustentábel con correccións tecnolóxicas pretendidamente sustentábeis.

Se os países centrais queren manter, xa non digamos aumentar, o seu actual nível de consumo enerxético substituíndo os combustíbeis derivados do petróleo por biocombustíbeis (biodiesel ou etanol) necesitarán importar estes, e farano de América Latina, África e Asia. Terras actualmente dedicadas á producción de alimentos e outras non roturadas serán destinadas aos “cultivos enerxéticos”. Petroleiras e Agroindustria aparecen como principais beneficiarias dun negocio no que transxénicos, monocultivos, avanzo da fronteira agrícola e fame son apresentados como ecoloxicamente sustentábeis.

Segundo Elizabeth Bravo, os biocombustibeis son unha alternativa a pequena escala, mais non se pode pretender que substitúan aos derivados do petróleo sen mudar o actual modelo dominante de consumo enerxético.

Descarga e lé o libro

RALLT
Acción Ecológica
Hivos

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top