Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ferrol arrow Verdegaia denuncia a plantación de eucaliptos en hábitats da Rede Natura  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia denuncia a plantación de eucaliptos en hábitats da Rede Natura PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 de Outubro do 2006

planeucalipto4.jpgDe sobra é coñecida a capacidade que teñen os eucaliptos para espallarse con facilidade naqueles lugares onde son introducidos e os efectos negativos que iso supón para a flora e fauna autóctonas. Se ademais son introducidos en zonas ambientalmente sensíbeis, a cousa píntase máis negra aínda se cabe. Pois isto é o que acontece no concello de Ferrol. Nas inmediacións do areal de Santa Comba, en Ferrol, fixéronse dúas plantacións de eucaliptos afectando parte dun bosque de ribeira e dunha duna descalcificada da clase CALLUNO-ULICETEA. Estas dúas parcelas están dentro da zona Z.E.P.A. Costa de Ferrolterra-Valdoviño e do L.I.C. Costa Ártabra.

planeucalipto6.jpgA plantación efectuouse trala ocupación dos novos predios xurdidos da polémica concentración parcelaria levada a cabo na parroquia ferrolá de Cobas, actualmente paralizada nas áreas protexidas. Como xa se ten denunciado, as obras de concentración parcelaria, os recheos de humidais, o anunciado complexo deportivo, etc...constitúen unha seria ameaza para a conservación dos hábitats naturais, da flora e da fauna silvestres que motivaron a inclusión das zonas costeiras de Santa Comba, Sartaña e Ponzos na ZEPA Costa Ferrolterra-Valdoviño e no LIC Costa Ártabra. planeucalipto2.jpgPara Verdegaia, a solución a estas ameazas pasa porque as Administracións Públicas competentes se fagan coa titularidade dos predios deliñados en zonas ambientalmente sensíbeis como formacións dunares e humidais. No NC de Ferrol denunciamos estes feitos ante a Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e demandamos que se pohíba, por parte da Xunta de Galicia, a repoboación con especies exóticas ou prexudiciais para estes espazos naturais. Ademais solicitamos que se inste aos propietarios destes terreos repoboados a reposición dos hábitats afectados ao seu estado natural mediante a eliminación dos eucaliptos plantados.

 
Verdegaia - Ferrol
Novas de Verdegaia-Ferrol
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top