Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ferrol arrow Paseo guiado polas Fragas do Eume  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Paseo guiado polas Fragas do Eume PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 de Outubro do 2006

fragaseume22.jpgDende Verdegaia propoñemos un paseo guiado polas moitas fragas que conforman este espazo natural e pola memoria dunhas formas de vida que permitiron a súa supervivencia. A actividade celebrarase o próximo 29 de outubro de 2006, saíndo ás 9:30 hs da escalinata da Oficina de Correos de Ferrol. A volta está pensada para o mesmo día ás 18:00 hs e para os desprazamentos cóntase cun microbus gratuíto.

fragaseume11.jpgO termo fraga define varios tipos de bosque, todos eles pertencentes aos denominados bosques atlánticos caducifolio, e é a fraga que se refuxia no val do Eume unha das máis escasas de Europa. O Parque Natural das Fragas do Eume foi declarado en 1997 e comprende 9.125 hectáreas de ladeiras que acompañan o río Eume ao seu paso polos concellos de: As Pontes, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume.

encoroeume.jpgMalia a súa condición de Parque Natural e Lugar de Interese Comunitario, estes bosques veñen sufrindo unha forte fragmentación e redución da súa superficie. A isto súmase o risco de contaminación e de perda do caudal do Eume e afluentes con proxectos como a transformación da mina de Endesa nun grande lago inerte, ou os xa existentes encoro e minicentral.

O percurso ten unha dificultade media-baixa e non se inclúe o xantar dos participantes. Cómpre realizar unha inscripción telefónica ou por email nos teléfonos abaixo indicados.

Percurso: Area recreativa-Ponte colgante, Fraga caída, río Seco-pozo de Cal Grande, pozo da Volta, ponte colgante, Rabuñadas do Demo (límite entre cabanas e A Capela), Desembocadura río Sesil, Woodwardia radicans, dabalia canadiensis, illa de San Rosendo, fieiteiras, río Ferrerias.

Data: 29 de outubro de 2006

Prazo de inscripción: até 27 de outubro.

Teléfonos:

699 89 77 12

616 03 92 68

636 95 87 28

email: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Roteiro_Fragas_Eume.pdf

 
Verdegaia - Ferrol
Novas de Verdegaia-Ferrol
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top