Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ferrol arrow Restauración Integral dun Muíño de Vento en Narón  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Restauración Integral dun Muíño de Vento en Narón PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 15 de Outubro do 2006

muioventoortigueira.jpgUnha das nosas preocupacións como asociación tamén radica na conservación do patrimonio cultural e patrimonial de Galiza, alén do traballo ecoloxista.

No concello de Narón existe un muíño de vento. Sí , de vento. Tan famosos en Castela e tan esquencidos aquí... Moito menos coñecidos cos de río, debido en parte a súa escaseza, e, nos que cuns axeitados coidados de restauración, recuperarían a beleza de outrora. Para o muíño de vento da parroquia de San Mateo de Trasancos en Narón aínda non é demasiado tarde.

muo_vento_naron.jpgEste muíño presenta lamentábelmente un estado ruinoso, conservándose unicamente a torre e o seu peche perimetral. Na nosa opinión , a Dirección Xeral de Patrimonio, en coordenación co Concello de Narón, debería contactar cos propietarios do muíño para chegar a un acordo que faga posíbel a pronta rehabilitación do mesmo.

Este enxeño do s.XIX, estaba constituído nas súas orixes por unha torre fixa e unha cuberta cónica de madeira, xiratoria, da que partía un eixo provisto de velas de lenzo ou lona que coa forza do vento movían o entremado mecánico para efectuar a moenda do gran. O interior da torre dispuña dun andar.

O interese por recuperar o muíño de vento de San Mateo non só radica no aspecto etnográfico, senón tamén no turístico e mesmo no paisaxístico. Debido a que este tipo de muíños son pouco coñecidos en Galiza, ao contrario que os fluviais, e ao escaso número de construccións deste tipo rehabilitadas, agás o caso do do Campo da Torre, en Ortigueira. A súa recuperación sería de enorme interese para Narón e toda a bisbarra de Ferrol.

interior muiño ventoTendo en conta que aínda conserva a torre do muíño, consideramos completamente viábel a súa recuperación integral, tal e como se fixo no de Ortigueira. Malia variar as dimensións, este muíño podería servir de modelo para reproducir a cuberta xiratoria e os elementos mecánicos do muíño naronés, dado que ambos son da mesma tipoloxía. Previamente, habería que consolidar as paredes da torre e do peche perimetral polo risco de derrube.

De non intervir a tempo, lamentaremos a perda da torre e dos valados perimetrais pola acción erosiva da choiva e pola vexetación que medra nos ocos e nas fendeduras dos muros. Como medida cautelar, debería procederse, sen máis demora, á eliminación da vexetación e ao afianzamento dos muros. En calquera caso, a recuperación deste muíño de vento debería realizarse co maior rigor posíbel, evitando as intervencións nefastas que deturpen a súa tipoloxía orixinal ou que mermen o seu valor etnográfico.

Xa como comentario final, dicir que ademais este muíño é un exemplo de aproveitamento da enerxía do vento, de forma totalmente inócua para o planeta, para os seres vivos, inesgotábel e, por que non dicilo, cun certo toque romántico....

 
Verdegaia - Ferrol
Novas de Verdegaia-Ferrol
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top