|
Wednesday, 15 de November do 2006 |
|
Entre os Principios de Organización de Verdegaia figura a Transparencia e Pluralidade no Financiamento. Este principio recolle o obxectivo de favorecer a independencia e a continuidade da
asociación, procurando diversificar as fontes de financiamento externo
e maximizar os ingresos procedentes de fondos propios. Establece que os
ingresos propios nunca serán inferiores ao 25% dos ingresos totais da
asociación e que ningún dos financiadores externos poderá achegar máis dun
terzo dos ingresos totais.
Na procura da independencia e da pluralidade de financiamento, as doazóns son moi importantes para Verdegaia. Se queres achegar unha contribución ao sostemento da actividade da asociación podes facelo ingresando o importe que consideres axeitado na seguinte conta
C.C. nº 1491 0001 27 1008678425
Triodos Bank
Tamén podes facer doazóns non monetarias como equipamentos informáticos, libros, mobles . . . Ponte en contacto con nós!
Grazas pola túa colaboración!
|