Inicio arrow Novas de Verdegaia-Vigo arrow Día das Aves  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Día das Aves PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 de Outubro do 2006

corvo_marinho Celébrase este ano un novo Fin de Semana Europeo de Observación de Aves, iniciativa promovida pola asociación BirdLife International, que terá lugar os días 7 e 8 de outubro. Verdegaia vaino celebrar en Vigo o domingo día 8 con un roteiro aberto a todo aquel que queira participar. 

Neste roteiro, organizado conxuntamente coa asociación Fontaiña e a Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo, percorreremos a Costa Sur de Vigo visitando algúns dos espazos de maior interese natural e valor ornitolóxico do noso concello: as Dunas do Cocho das Dornas, a Xunqueira do Lagares, as Dunas da Fontaíña, a Praia de Canto da Area,... Aproveitaremos a ocasión para observar diferentes especies de aves coma o Bilurico bailón, o Picapeixe, o Corvo Mariño Cristado, o Virapedras, entre outras moitas. Disporemos de prismáticos e telescopios para poder apreciar doadamente as características de cada unha das especies e ó mesmo tempo daremos un saudable paseo pola ribeira do mar.Cómpre levar calzado axeitado, chuvasqueiro e prismáticos se se dispón deles. Sairemos ás 10:00 da igrexa de Bouzas.

Para máis información podedes chamar a Diego ó 670784919 ou premer en contacto

 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Roteiros
Xuntanzas
Contacto
A Ría Non se Vende
   Home  Print  @ Contact Top