Por segundo día consecutivo, rexístranse altos níveis de contaminación por ozono en Pontevedra
Thursday, 29 de July do 2010
A estación de vixilancia da calidade do aire de Pontevedra, xestionada
pola Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, rexistrou onte
mércores 28 de xullo altos níveis de contaminaciónpor ozono troposférico. De acordo coa
información dispoñible na web sobre calidade do aire da Xunta, entre as 16 e as
21h a media horaria da concentración de ozono do aire superou o limiar de
información á poboación. É o segundo día consecutivo en que isto acontece, pois
na tarde do martes 27 tamén se superou o limiar de información á poboación. Hoxe mesmo podería acontecer de novo.
Até onde puido comprobar
Verdegaia, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación ambiental da Xunta, nin
na tarde de onte nin na do martes, advertiu ao conxunto da poboación
pontevedresa sobre estas superacións, incumprindo a normativa legal e o seu
propio protocolo de actuación face a episodios de contaminación atmosférica
aguda. Non é a primeira vez que isto acontece en Galicia ao se superar o limiar
de información de contaminación por ozono, polo que Verdegaia presentará unha
queixa específica por este motivo perante o Valedor do Pobo. Ademais cómpre ter
en conta que onte pola tarde (polo menos entre as 13 e as 18 h) non se estaban
divulgando a tempo real na web sobre calidade do aire da Xunta as medicións da
estación de Pontevedra e do resto das cidades galegas. O mesmo está acontecendo
hoxe, pois desde as 10 h non se facilita información. Observando a alta concentración
de ozono rexistrada xa ás 9 h semella moi probábel que ao longo do día de hoxe se
volva superar en Pontevedra o limiar de información.
De acordo co Real Decreto 1076/2003, relativo ao
ozono no aire ambiente, cando se supere ou se prevea que se vaia superar este
limiar, deberase subministrar á poboación "a unha escala suficientemente grande
e canto antes" información sobre a superación ou superacións observadas e sobre
a previsión para a seguinte tarde/día.
Para a estación de vixilancia da calidade do aire
de Ourense, onde é posible que tamén seteña superado nestes días de intensa caloro limiar de información á poboación de
contaminación por ozono, a web sobre calidade do aire non difunde información
para este contaminante desde o 19 de xullo pasado.
Un contaminante formado a partir doutros primarios
O ozono da troposfera, a capa da atmosfera en
contacto coa superficie (non confundir co da estratosfera, que nos protexe das
radiacións ultravioletas), é un contaminante secundario inodoro que se forma nos
meses máis calorosos do ano mediante unha complexa serie de reaccións
fotoquímicas nas que participan a radiación solar, o dióxido de nitróxeno (NO2)
e compostos orgánicosvolátiles. Pode
transportarse a longas distancias cos movementos das masas de aire. A elevadas
concentracións causa irritación nos ollos, superficies mucosas e pulmóns. A resposta á exposición ao
ozono pode variar moito entre individuos por razóns xenéticas, idade (afecta
máis aos nenos e as persoas maiores) e pola presenza de enfermidades
respiratorias como alerxias e asma. Cando se supera o limiar de informacion á
poboacion desconséllase totalmente o exercicio intenso ao aire libre,
especialmente no caso das persoas máis vulnerables.
Documentación:
Valores da media horaria
da concentración de ozono troposférico (en microgramos/metro cúbico) medidos nos
últimos días na estación de vixilancia da calidade do aire de Pontevedra,
próximos ou superiores ao limiar de información á poboación (180
microgramos/metro cúbico)