|
O
16 de febreiro de 2005 entrou en
vigor o Protocolo de Quioto. Este acordo internacional
aplícase
aos países industrializados e fixa límites
ás
emisións de dióxido de carbono (CO2)
e
doutros gases que provocan o cambio climático. Se non se
reducen drasticamente as emisións destes gases ao longo das
próximas décadas, a comunidade
científica
advírtenos que as consecuencias ambientais, sociais e
económicas serán moi negativas para o conxunto do
planeta, tamén para a nosa terra.
No
marco do Protocolo, España
comprometeuse a non superar en máis dun 15% as
emisións
de gases de efecto invernadoiro que había en 1990 para 2012.
Porén, en 2006 xa emitiu un 52% máis, sendo o
estado
europeo máis afastado do cumprimento de Quioto. Galicia
contribúe a iso, pois en 2005 xa emitira un 45 %
máis
que en 1990.
O
desafío do cambio climático,
pola súa urxencia e dimensión, esixe unha
resposta
enérxica por parte dos poderes públicos e da
cidadanía,
moi especialmente nos países enriquecidos. Se ao longo dos
próximos 10-20 anos non se dá esa resposta, as
consecuencias do cambio climático serán moi
desastrosas. O cambio climático é unha ameaza
certa,
mais tamén unha oportunidade para impulsar a
transición
cara a sustentabilidade. Cumprir o Protocolo de Quioto a
través
de cambios estruturais, sobre todo nos sectores da enerxía e
do transporte, é unha contribución moi valiosa
para
unha Galicia e un mundo sustentables.
|