Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
50 números de “El Ecologista” PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 07 de February do 2007

El Ecologista, a revista trimestral editada pola confederación estatal Ecologistas en Acción, atinxiu neste inverno o número 50. Trátase dunha prestixiosa revista que se converteu na publicación máis representativa do ecoloxismo social no Estado español, nunha referencia imprescindible para os activistas que partillan esta forma de entender o ecoloxismo.

El Ecologista é un proxecto editorial consolidado, independente dos poderes políticos e económicos, con colaboradores que demostran que é posible unir rigor, seriedade e radicalidade. É a mellor publicación que, no conxunto de España, representa o ecoloxismo social con conciencia global, esa corrente do ecoloxismo que, como se explica no editorial do número 50, sostén que a causa da profunda crise ecolóxica actual é, en definitiva, o conxunto de relacións económicas e sociais que coñecemos como capitalismo.

A xeito de celebración dos primeiros 50 números, inclúense no número deste inverno –á venda nalgúns quioscos-, colaboracións de diversas persoas e colectivos, como Leonardo Boff, José Manuel Naredo, Jorge Riechmann, Carlos Taibo, Juan López de Uralde ou Cristina Narbona.

O tema da capa do número 50 é China e o medio ambiente global, tema dun extenso e documentado artigo de Manuel Ruiz, profesor do departamento de Ecoloxía da Universidade Autónoma de Madrid. Os outros artigos salientados na primeira páxina tratan da proliferación nuclear, do comercio de armas lixeiras, da campaña a prol do aforro de auga en vivendas desenvolvida por Ecologistes en Acció, da nova directiva europea sobre pesticidas, do avanzo do mexillón cebra –un molusco exótico invasor-, e da situación do lobo no sur da Península Ibérica.

Algúns artigos de números atrasados de El Ecologista pódense ler na revista electrónica Cos pés na Terra, unha iniciativa promovida desde Verdegaia.

Máis información:
El Ecologista


 
   Home  Print  @ Contact Top