A UE e os seus Estados membros fracasaron no
seu intento de xestionaren de xeito responsable a actividade pesqueira. O interese a curto prazo monopolizou durante demasiado tempo a xestión da
pesca europea. Mais agora a reforma da Política Pesqueira Común (PPC) da UE
abre a posibilidade dunha nova política que pare a sobreexplotación pesqueira,
remate coas prácticas de pesca destrutiva e permita un uso xusto e equitativo
das poboacións de peixes abundantes. ¡Demanda unha PPC sustentable asinando
agora a petición da campaña da coalición "Ocean 2012. Transforming European
Fisheries"!.