A Xunta non divulga datos para a maioría das estacións industriais de calidade do aire
Wednesday, 16 de June do 2010
Verdegaia
denuncia que para a maioría das estacións de medición das concentracións de
contaminantes atmosféricos no aire situadas na contorna de industrias non se
divulgan datos sobre os valores obtidos nelas. A Consellaría de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas non vela adecuadamente polo bo funcionamento e a
difusión da información destas estacións de vixilancia da calidade do aire
xestionadas polas industrias. A resultas dunha queixa perante o Valedor do Pobo
presentada por Verdegaia, a Xunta recoñeceu que moitas destas estacións non
serven para avaliar a calidade do aire.
Verdegaia, xunto coa
confederación estatal Ecologistas en Acción, comezou o seu traballo de difusión
e valoración dos datos oficiais sobre a calidade do aire en Galicia cos
correspondentes ao ano 2006, observando que nos informes anuais da Xunta para
anos sucesivos (que se fan públicos no ano seguinte) diminuiu drasticamente o
número de estacións industriais de vixilancia da calidade do aire para as que
se difundiron datos. Así, pasouse de 50 estacións con datos públicos para 2006,
a 19 para 2007, a 18 para 2008 e a 29 para 2009. Entre as estacións para as que
se deixaron de divulgar datos figuran estacións situadas na contorna de
ALCOA-San Cibrao, ENCE e FINSA-Santiago nas que en 2006 se superaran valores
límite legais para polo menos un contaminante atmosférico.
Ademais do probable desexo de
ocultar información dalgunhas estacións industriais, semella que boa parte das
63existentes son pouco ou nada útiles.
É o que se pode deducir da resposta da Xunta ao Valedor logo de que este
tramitase unha queixa presentada por Verdegaia, resposta na que se afirma que
para "moitas" estacións "os
datos obtidos non son válidospara
control da saúde humana" e só serven para alertar de "grandes emisións".Todo indica pois que a vixilancia da
calidade do aire na contorna do conxunto das industriais máis contaminantes de
Galicia é deficiente e non permite comprobar en moitos casos o cumprimento dos
valores límite para a protección da saúde humana estabelecidos na lexislación
ou dos recomendados pola Organización Mundial da Saúde (máis estritos que os
vixentes na UE).
A Xunta debería velar polo bo
funcionamento das estacións industriais e ademais difundir na súa web sobre
calidade do aire datos en tempo real para todas as estacións industrais, como
xa fai para as estacións urbanas desde o ano pasado. Porén, só divulga
información con carácter anual (tamén o fixo con carácter mensual para algúns
meses de 2009) e só para un numero reducido de estacións de todas as teoricamente
operativas. Ademais de para algunhas das estaciónsdoutras industrias,para
2008 e 2009 non se ten divulgado nin un só dato de ningunha das estacións
situadas na contorna da central térmica de Sabón (GAS NATURAL-UNIÓN FENOSA), de
CEMENTOS COSMOS (Sarria), de ENCE (Pontevedra), de FERROATLÁNTICA-Sabón, de
FERROATLÁNTICA-Dumbría, de FINSA (Santiago), de MATERIALES DEL ATLÁNTICO
(Narón)e de SOGAMA (Cerceda).