Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
ecotv
incineracion
Rallies no Parque Natural das Fragas do Eume PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 15 de June do 2010
eumerallies1.jpg A Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia denuncian que durante a tarde do domingo 13 de xuño o Parque Natural das Fragas do Eume foi utilizado para facer probas cun coche de rallies contando co permiso do Concello da Capela e sen ter informado nin solicitado autorización á dirección do Parque Natural. Ambas asociacións consideran que se trata dunha agresión á fauna e á flora xa que estamos a falar dun entorno sensible que se pode ver afectado pola afluencia masiva de público ou impactos xerados pola circulación dos vehículos, causando ruídos e posibles vertidos contaminantes, atropelos de fauna, etc.

Así mesmo, responsabilízase ao Concello da Capela por favorecer usos non tradicionais, de elevado impacto no Parque Natural e cun interese nidiamente privado, en detrimento dos visitantes que non pudieron empregar a estrada pública. 

Dende as 17 ata as 21:00 horas do pasado domingo 13 de xuño, a estrada que comunica As Neves coa Central Eléctrica do Eume, no Concello de A Capela, e dentro do Parque Natural Fragas do Eume, foi empregada como pista de probas para vehículos de rallie. Non só se cortou o paso neste vial, senón tamén nun dos sendeiros que dá acceso ao Mosteiro de Caaveiro e tamén o acceso cara a Monfero. Sorprendentemente, as instalacións da Central Eléctrica do Eume na Ventureira serviron a modo de taller improvisado de vehículos, se ben este recinto de ENDESA permanece sempre pechado e non pode ser visitado por ningunha das persoas que percorren habitualmente o Parque Natural.

eumerralies2.jpgMembros da SGHN e Verdegaia, xunto con outros visitantes, foron apercibidos polos organizadores para que non empregasen a estrada. Os organizadores entenderon suficiente a autorización do Concello de A Capela e continuaron ata o final da tarde coas probas a pesar de personarse no lugar unha patrulla do SEPRONA.

As dúas asociacións instan aos alcaldes cuxos concellos están incluídos no Parque Natural para que non autoricen probas de vehículos a motor ou calquera outro tipo de actividades que vulneren os valores polos que se lles concedeu a figura de protección. ás Fragas do Eume. Lembran á Consellería do Medio Rural a urxencia na aprobación do Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Natural, unha ferramenta que Verdegaia e SGHN consideran imprescindible para impedir este tipo de aberracións no futuro e posibilitar a axeitada xestión do mesmo.

Finalmente, Verdegaia e SGHN consideran que este atentado ambiental non se pode considerar como un feito illado, senón que se debe incluír dentro dunha auténtica avalancha de agresións ambientais protagonizadas por afeccionados a diversos tipos de vehículos motorizados tales como motos de auga, quads, motos de cross e enduro, vehículos 4x4 e, neste caso, coches de rallies. Ditas agresións ademais, como puidemos observar o domingo pasado e como se constatou recentemente na Ría de Betanzos, non respectan as zonas protexidas pola Rede Natura 2000 ou como Parque Natural.

 
Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top