|
7/10 de agosto- Ortigueira-Ribadeo. Encontriños cicloturistas 2010 |
|
|
|
|
Tuesday, 01 de June do 2010 |
Un espazo de encontro de ciclousuarios e ciclousuarias percorrendo unha costa de extraordinaria beleza. Esta nova iniciativa de Verdegaia pretende apostar por outra forma de viaxar, de coñecer, máis relaxada, ecolóxica e gratificante no que empregaremos un modo de transporte totalmente ecolóxico e eficiente, a bicicleta. O "turismo de alforxas" permitiranos coñecer paseniñamente unha parte importante do litoral norte galego, convivindo con outras persoas ciclousuarias e compartindo un tempo de lecer que de seguro atoparemos moi enriquecedor.
Un espazo de encontro de ciclousuarios e ciclousuarias percorrendo unha
costa de extraordinaria beleza. Esta nova iniciativa de Verdegaia
pretende apostar por outra forma de viaxar, de coñecer, máis relaxada,
ecolóxica e gratificante no que empregaremos un modo de transporte
totalmente ecolóxico e eficiente, a bicicleta. O "turismo de alforxas"
permitiranos coñecer paseniñamente unha parte importante do litoral
norte galego, convivindo con outras persoas ciclousuarias e compartindo
un tempo de lecer que de seguro atoparemos moi enriquecedor.
Adentrarémonos en espazos naturais únicos, atravesando catro Zonas de Especial Protección de Aves (ZEPA) como son a Ría de Ortigueira e Ladrido, a Costa da Mariña occidental (arredor da ría de Viveiro), a Ría de Foz e Ribadeo.
Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de
Interese Comunitario (LIC) encadrado na Rede Natura como é a praia das Catedrais,
e o tramo costeiro de Estaca de Bares, situado a cabalo das rías de
Ortigueira e O Barqueiro, dunha sobresaínte beleza paisaxística.
Coñeceremos vilas de fonda tradición mariñeira, como O Vicedo ou
Burela, o principal porto atuneiro galego. En definitiva, un percorrido
de gran atractivo paisaxístico e etnográfico no que tamén poderemos
ollar os impactos que o descontrol urbanístico ou grandes empresas como
Alcoa poden ter sobre o noso litoral.
Esta rota está pensada para que poidan facela persoas ciclousuarias de
calqueira nivel. Non ten grandes desniveis e a contida lonxitude dos
tramos permite facelos de vagar, coas paradas que se precisen.
Organización:
Cada persoa corre cos seus propios gastos. Merca e elabora a súa propia
comida e pedalea libremente polo rota recomendada (ou non) ao seu
ritmo, portando os seus enseres.
Verdegaia como organizadora velará polo bon desenvolvemento do roteiro
e xestionará o lugar de durmida. Nestes momentos estase a negociar cos
concellos a posibilidade de cesión de polideportivos para este fin.
Posiblemente sexa preciso aportar unha pequena cantidade en concepto de
colaboración.
A saída será o día 7 de agosto desde Ortigueira, recomendándose durmir
alí a noite do 6 para o que procuraremos ter un lugar preparado. A rota
rematará o día 9 en Ribadeo.
As etapas son: (nas ligazóns podedes ver o plano e o perfil das mesmas)
Etapa 1: Ortigueira - Viveiro (http://www.bikemap.net/route/515398)
- Distancia: 36.5 km
- Pendente: En parte montañoso - en parte chá
- Superficie: Asfaltada, Sen asfaltar
Etapa 2: Viveiro - Foz (http://www.bikemap.net/route/515434)
- Distancia: 50.8 km
- Pendente: Bastante chá
- Superficie: Asfaltada, Sen asfaltar
Etapa 3: Foz - Ribadeo (http://www.bikemap.net/route/515458)
- Distancia: 33.1 km
- Desnivel acumulado: ca. 150 m
- Pendente: Completamente chá
- Superficie: Asfaltada, Sen asfaltar
Etapa 4 - Ribadeo - Ribadeo
- Paseo tranquilo pola zona e posible visita á Via Verde do Eo
Podédesvos anotar no correo-e
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
indicando nome/nomes, teléfono de contacto, correo-e e enderezo.
|