Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
REBÉLATE CONTRA A POBREZA. MÁIS FEITOS, MENOS PALABRAS. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 25 de Setembro do 2006

21 DE OUTUBRO: MANIFESTACIÓNS EN 26 CIDADES ESPAÑOLAS

rebelate Erradicar a pobreza é posíbel. Sabemos que existen recursos e tecnoloxías suficientes para iso, que nunca antes na historia da humanidade houbo a oportunidade que temos neste momento para lograr que a pobreza pase á historia, igual que se conseguiu abolir a escravitude. Entón, que falta para logralo? Falta VONTADE POLÍTICA.

Non queremos seguir escoitando as boas intencións dos países ricos sobre a loita contra a pobreza, cando á hora de tomaren as súas decisións seguen sen aumentar a axuda oficial ao desenvolvemento aos países pobres, seguen impondo o pagamento dunha débeda externa asfixiante e inxusta e seguen actuando económica e comercialmente para obteren o máximo beneficio, sen se preocupar dos danos que ocasionan ás economías do Sur.

Por iso, a Alianza Española contra a Pobreza, convocará a toda a cidadanía a manifestarse o próximo sábado 21 de outubro en 26 cidades españolas baixo o lema “Rebélate contra a pobreza. Máis feitos, menos palabras”. Entre as 26 cidades figuran 4 galegas:  A CORUÑA, SANTIAGO, VIGO e OURENSE.

Máis información sobre as manifestacións:

Rebélate contra a pobreza 

 
   Home  Print  @ Contact Top