As políticas non son sustentables por chamalas así
Wednesday, 24 de March do 2010
Após a aprobación do Proxecto de Leide Economía Sustentablepara oseu envío ás Cortes, Ecoloxistas en Acción mostra a súa perplexidade
pola cantidade de actividades insustentábeis que se inclúen neste paraugas da
Lei, así como pola forte contradición que existe entre moitasdas medidas propostas e as políticas reais.
Efectivamente, o Executivo facilitou un comunicado de
prensa cunha relación de iniciativas incluídas na Estratexia para a Economía
Sustentable, da que o Proxecto de Lei aprobado a semana pasada é a peza
central. Entre estas iniciativas chaman a atención algunhas como os Reais
Decretos de desenvolvemento da Lei Omnibus, que son paso máis na liberalización
da nosa economía e dos servizos, cando foron precisamente a falta de control e
a ausencia de aplicación de criterios de sustentabilidade sobre os mercados os
que nos levaron á actual crise económica e financeira. É dicir, máis veneno
disfrazado de medicina.
Algo parecido se podería afirmar
da proposta de reforma do mercado laboral ou doutra iniciativa, a proposta de
reforma do sistema de pensións, que no fondo o que promoven é que os que paguen
e sufran as consecuencias da crise sexan precisamente quen non son responsables
dela: os traballadores e traballadoras.
Pero, máis alá da perplexidade
que causa que moitas destas iniciativas se poidan cualificar de sustentables, o
que chama a atención é a forte contradición existente entre boa parte das
propostas do Proxecto de Lei e as políticas reais.
Así, por citarmos só algunhas das
contradicións máis chamativas, fálase de desenvolver unha Lei de fomento das
enerxías renovables cando nos últimos anos seguiuse unha política de restrición
e limitación dun sector, o das renovables -sobre todo en fotovoltaica- que
estaba en claro auxe, xerando moito emprego e achegando claras vantaxes
ambientais e sociais.
Fálase de promover unha
fiscalidade verde e de conseguir unha mobilidade sustentable, mais o Goberno
español séguese opondo á chamada euroviñeta -o pagamento polo uso de
infraestruturas viarias para os vehículos de mercadorías, unha taxa de carácter
obrigatorio na Unión Europea, motivo polo que España ten aberto un procedemento
de infracción-, e que ademais sería o xeito máis eficaz para empurrar a que
máis mercadorías fosen en ferrocarril.
Nesta mesma liña, mentres se fala
de "transformar o sector do transporte para incrementar a súa eficiencia
económica e ambiental", dedícanse durante 2010 nada menos que 19.300 millóns de
euros a novas infraestruturas de transporte, que na súa maior parte son
autovías en itinerarios sen o tráfego mínimo requerido para xustificalas,
ouinvestimentos en alta velocidade
ferroviaria mentres o ferrocarril convencional segue abandonado á súa sorte.
Para Ecoloxistas en Acción abonda
comparar estes 19.300 millóns de euros -en boa medida destinados a asfaltar o
territorio a través de políticas de infraestruturas anacrónicas- coa contía que
terá o Fondo para a Economía Sustentable, 20.000 millóns de euros até 2011,
isto é, durante dous anos. É dicir, o dobre de diñeiro para destruír que para
construír unha economía supostamente, só supostamente, sustentable.
Propostas ecoloxistas para
unha Lei de Economía Sustentable
Ecoloxistas en Acción, xunto co
resto das principais organizacións ecoloxistas de ámbito estatal, presentou un
documento titulado Propostas ecoloxistas para unha Lei de Economía REALMENTE
Sustentable. O documento, que as organizacións promotoraspresentarán aos grupos parlamentares, fai
unha valoración do proxecto de lei presentado previamente polo Goberno sobre
algúns dos aspectos que consideran prioritarios para avanzar cara unha economía
sustentable (fiscalidade verde, mudanza climática, enerxía, transporte e
mobilidade sustentable, urbanismo e vivenda) e presenta propostas concretas en
cada un destes ámbitos. Máis información aquí .