|
Xira europea de Daniel Luna, activista do FNLS |
|
|
|
|
Wednesday, 10 de March do 2010 |
|
O venres pasado Verdegaia mantivo unha xuntanza con Daniel Luna, activista mexicano que
está a facer unha rolda europea de denuncia dos abusos e falsas
acusacións a que están sometidos os colectivos e persoas da loita
anti-mineira en México, especialmente, en Chiapas. Hai dous anos o goberno mexicano autorizou unha serie de
concesións para a exploración e explotación mineira a cinco empresas canandenses na Serra Madre de Chiapas. Nesa zona, as
terras son comunais e están poboadas fundamentalmente de campesiños/as
e indíxenas, cun elevado grao de analfabetismo. Sen máis información, moita xente asinou a partir dunha campaña de
"medias verdades" na que as empresas prometían estradas, colexios,
centros de saúde e emprego para a explotación do ouro.
Porén,
unha serie de colectivos, entre os que está o FNLS ó que pertence
Daniel Luna, desenvolveron unha campaña educativa para
alertar sobre os perigos desa actividade mineira a ceo aberto nunha
rexión virxe e co sector primario como motor principal. A partir dese intre, comezaron os hostigamentos, desde as empresas e
desde o goberno (encarceramentos sen proceso xudicial, asaltos a
domicilios privados, falsas acusacións, un secuestro e dúas mortes en
condicións estrañas). Neste momento, estas persoas, acusadas polo goberno de estaren relacionadas con organizacións armadas e cárters da
droga, están fuxidas, Algunhas realizando esta xira de denuncia por Europa e outras en zonas máis próximas (fundamentalmente Guatemala).
O obxectivo desta xira europea é conseguir o apoio solidario internacional para
presionar ó goberno mexicano para que retire as falsas acusacións (xa
que contan coa ONU como mediadores e todas elas traballan a prol dos
dereitos humanos) e poder regresar ás súas casas. Conseguiron facer dúas preguntas no parlamento europeo (algo que
suavizou un pouco as tensións) e pretenden que se lles axude tamén
desde os parlamentos autonómicos do Estado español.
sntesis_del_contexto_de_hostigamiento_y_criminalizacin_al_fnls
|