Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Ecologista, a revista de Ecologistas en Acción PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 09 de November do 2006

ecologista_49.jpgEcologista é unha revista trimestral editada pola confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción que xa vai polo número 49. É un medio de referencia para todas as persoas que no Estado español defenden un modelo de ecoloxismo como o que reflite o ideario de Verdegaia. O número correspondente ao outono inclúe un artigo sobre os incendios en Galicia. Ecologista está á venda nalgúns quioscos.

 

O número 49 de Ecologista inclúe o artigo “Arde Galicia”, escrito polo vicecoordenador xeral de Verdegaia, Xosé Veiras, pouco despois da vaga da primeira quincena de agosto (pódelo descargar máis abaixo). No marco da relación de Verdegaia con Ecologistas en Acción, o noso referente ecoloxista a nivel estatal, está previsto utilizar Ecologista para publicarmos artigos de vez en cando.

O editorial do número 49, “364 días con coches”, está dedicado ao Día sen coches. Nel dise que “Hai xa tempo que chegou a hora dos planos de mobilidade sostible, de democratizar a rúa, dándolle prioridade aos seus principais usuarios, os peóns, e reducindo o abusivo espazo ocupado polo automóbil, para permitir a expansión doutros modos de transporte máis racionais, eficaces, seguros e sostibles. Até hoxe, parece que os nosos administradores non se enteiraron”.

O artigo destacado deste número é unha análise crítica dos biocombustibles e o uso enerxético da biomasa, escrito polo economista ecolóxico Óscar Carpintero, profesor da Universidade de Valladolid. Tamén se inclúen artigos sobre a pobreza lida desde o ecoloxismo, a contaminación lumínica, o fracaso do mercado eléctrico ou a produción conxunta. En Ecologista escriben boa parte dos principais referentes do ecoloxismo social en España, como é o caso, neste número, de Óscar Carpintero, Jorge Riechmann ou Ladislao Martínez.

Arde Galicia. Ecologista 49.pdf

Le o editorial e o sumario do número 49 de Ecologista aquí.

 
   Home  Print  @ Contact Top