Inicio arrow Novas arrow Amarante e Verdegaia botan o peche ao ciclo de cine "Coñecer para Cambiar"  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Amarante e Verdegaia botan o peche ao ciclo de cine "Coñecer para Cambiar" PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 10 de March do 2010
O vindeiro xoves, 11 de marzo, proxectarase a derradeira das películas do ciclo de cine que as dúas asociacións veñen organizando no local que comparten en Compostela. Nesta ocasión, a película escollida é “La Dignidad de los Nadies” (Pino Solanas, 2005), un documental onde queda recollida a reacción popular ao corralito arxentino: comedores populares, piquetes, recuperación de fábricas, traballo solidario en hospitais públicos... Desta volta contaremos cunha participación moi especial: Pablo Carro, compañeiro que conta cunha larga traxectoria de militancia en diferentes movementos sociais en Arxentina, conducirá un coloquio despois do filme, ofrecéndonos algunhas claves para achegarnos a actual situación das iniciativas e experiencias populares xurdidas no país austral nos últimos anos.

A finais de xaneiro deste ano 2010, as organizacións Amarante e Verdegaia decidiron poñer en marcha unha actividade coa que poder abrir un espazo para o coñecemento e a reflexión acerca de diferentes problemáticas sociais e ambientais, empregando a linguaxe audiovisual como unha xanela para achegarnos a esas realidades.

Coñecimos algunhas das claves da publicidade comercial co documental "Gran Superficie"; despois descubrimos o negro negocio do café con "Black Gold"; "Nuestro pan de cada día" amosounos o que nunca se amosa da industria gandeira e alimentaria; "China Blue" adentrounos nas fábricas textis; "O Mundo según Monsanto" debuxou a aterradora historia dos transxénicos; con "Life and debt" quedou á vista o papel do FMI e o BM na globalización capitalista; e con "Estamira" viaxamos ás cidades do lixo, ocultas aos ollos dos seus habitantes...

Entendemos que coñecer e comprender as causas dos problemas que afectan a sociedades tanto do Norte e do Sur, representan o primeiro paso para o cambio persoal e social. Con este ciclo, quixemos ofrecer á cidadanía compostelá un espazo para o intercambio de ideas e inquedanzas nun clima ameno e distendido e, á vista da elevada participación e os interesantes debates post-filme, pensamos que, cando menos nunha parte, conseguímolo.

Este xoves voltaremos a xuntarnos no noso local (Avda. Romero Donallo, 17) as 20:30hs a compartir a derradeira das películas deste ciclo e a combater o frío cun chocolate de comercio xusto (non esquezades traer as vosas cuncas!).

 
Verdegaia - Compostela
Novas
Coordenadora Comarcal A Coruña
Contacto
+ Info
   Home  Print  @ Contact Top