Inicio arrow Resíduos e contaminación arrow Verdegaia presenta alegacións ao proxecto nas fervenzas de Tourón (río Cerves, Melón, Ourense)  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Verdegaia presenta alegacións ao proxecto nas fervenzas de Tourón (río Cerves, Melón, Ourense) PDF Imprimir Correo-e
Monday, 08 de March do 2010

Verdegaia vén de presentar alegacións contra un proxecto nas Fervenzas de Tourón, no río Cerves (Melón, Ourense), xa que se pretenden facer nestas fervenzas novos sendeiros, ampliar os xa existentes, escaleiras, miradores, pasarelas…. Os motivos que se esgrimen para querer facer este proxecto é que nos últimos anos houbo varios mortos e feridos na zona debido a caídas por esvaramentos.

A zona á que nos referimos é unha zona do río que baixa con moitas pendentes, facendo fervenzas e pozas, alternativamente. Na zona coñécense máis co nome de “as pozas de Melón”. É un sitio efectivamente moi transitado para o baño cando vai bo tempo, pero todo o mundo sabe que é unha zona esvaradiza e que as caídas poden ser moi perigosas. De feito, un dos encantos desta zona é precisamente que non é de fácil acceso e ten moitas pendentes, o que fai as fervenzas e as pozas. Xa hai uns anos que se estragou a paisaxe coa construción da autovía xusto por riba da primeira poza, como se pode ver nesta imaxe.

O proxecto ó que nos referimos suporá a alteración da cuberta vexetal, incrementos de sólidos na auga, alteración de leitos fluviais por sedimentación de partículas, alteración da calidade do aire, o aumento do ruído na zona co consecuente desprazamento da fauna, etc. Quedaría afectada flora de interese bioxeográfico, especies endémicas do noroeste ibérico propias de hábitas escasos, plantas raras, así como 5 hábitats de interese comunitario segundo a Directiva 92/43/CEE. Ademais hai un detalle case humorístico neste proxecto que consiste en pór tres paneis informativos dos valores naturais da zona (valores que Verdegaia entende que se van estragar). Seguimos no país dos feitos consumados e da honra do que xa está morto (exemplo: Fundación Arao xusto despois do vertido do Prestige).

Verdegaia cre que precisamente o que se debera facer é conservar os valores naturais da zona e protexela en lugar de antropizala e colocar paneis das especies afectadas.

E ofrecémosvos uns pequenos agasallos para quen non coñece a zona: dous vídeos nos que podedes ver e oír o río Cerves.

Podedes descargar as alegacións aquí.

 
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top