A xestión dos residuos estase a converter nun problema máis complexo a cada paso. Non hai máis que ver as declaracións ao Faro de Vigo , emitidas por Luís Lamas, o actual Presidente de Sogama.
E dicimos complexo, non só polo problema do seu aumento lineal que parte do modelo de consumo ilimitado no que se atopa inmersa a sociedade galega, senón polo alto grao de caos con que contan as respostas de Luís Lamas para a xestión do lixo.
Desmontemos:
Non á
incineración:
As persoas ecoloxistas que estamos en contra da incineración
primeiro, somos moitas máis que catro e segundo, coñecemos
alternativas viables para a xestión de residuos podemos aclarar a
través das súas declaracións:
Sobre
compararnos con outros países: hai que ter moi en conta, á hora
de deseñar un modelo de xestión de lixo, á realidade territorial
e de distribución poboacional, polo que o modelo a aplicar en
Galicia debe ser específico desta rexión, tendo en conta as súas
especificidades. O modelo copiar e pegar está lonxe de ser eficaz
neste caso.
Sobre
a baixa eficacia da compostaxe para grandes volumes de residuos. O
modelo polo que se aboga desde Verdegaia é descentralizado, polo
que non se falarían de grandes volumes, senón que habería que
adaptar a xestión en función da realidade de cada territorio.
Sobre
o aforro en transporte. Novamente, se en lugar de seguir apostando
por un modelo de xestión centralizada nun país cun nivel de
dispersión poboacional enorme, se tiveran en conta experiencias a
pequena escala, o nivel de aforro en transporte (e en emisións de
GEI), si sería unha realidade.
En
canto a que a maioría do compost remata nos vertedoiros. Hai
moitos tipos de compost en relación coa súa calidade final. Se
falamos de autocompostaxe, na maioría dos casos, a calidade final
é tal que compost pode asimilarse ó tipo ecolóxico.
En
referencia ó cheiro do compost. Un proceso de compotaxe (aerobio),
que se realice en condicións axeitadas non provoca malos cheiros.
De tódolos xeitos, non consideramos apropiado comparalo cos fumes
desprendidos por unha incineradora de lixo, xa que neste último
caso, estase a falar de fumo que se podería calificar como tóxico.
En
canto ás compras en bandexas de poliespán. Existen moitas formas
de consumir. Unha delas é a aposta polo mercado local e xusto, no
que as bandexas de poliespán están totalmente descartadas. En
todo caso, en Galicia as tasas de reciclaxe están no 2%, algo
insignificante; pular pola minimización e a redución é algo que
parece que ó presidente de Sogama se lle escapa.
En
referencia ó canon. Sogama só está a incinerar a metade do lixo
que recibe, polo que a metade dos 51 € por tonelada que pagan os
concellos non está sendo utilizado para o fin co que se percibe.
Si á
Redución de Residuos:
Non só non pretende, esta nova andaína de Sogama, diminuír a
cantidade de lixo incinerado, tal e como se establece polas pautas
europeas sobre xestión de residuos, senón que apunta a crear novas
instalacións para este fin.
Señor Lamas: a xerarquía para a xestión de residuos fala de
Reducir-Reutilizar-Reciclar, sendo a incineración unha opción para
os restos que non poidan xestionarse a través dos procesos
anteriores. E, en ningún caso, a incineración de residuos en
Galicia pode vincularse á valorización enerxética xa que o banlace
da incineradora de Sogama é negativo.
Por
este motivo convidámolo a revisar as Directrices europeas sobre
Residuos, as experiencias existentes sobre xestión sostible, a
aposta firme por programas de Educación Ambiental que avoguen pola
redución en orixe e a lectura do Documento elaborado polos grupos
ecoloxistas galegos A xestión dos RSU
en Galiza, propostas para unha xestión preventiva e sustentábel dos
Resíduos Sólidos Urbanos, enviado
á Consellería de Medio Ambiente no ano 2009 no que coñecerá con
maior detalle as nosas ideas e propostas.
Existen
alternativas viables, adapatadas a cada territorio, máis xustas e
ecolóxicas, coa implicación social como base da política de
xestión de residuos, descentralizada e menos contaminantes. Por iso,
desde
Verdegaia dicimos NON Á INCINERACIÓN DO LIXO, e moito menos á
instalación dunha nova incineradora no país e solicitamos o peche
de Sogama e unha planificación en materia de residuos seria,
sustentable e axeitada á organización territorial galega.
|