Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
ecotv
incineracion
Domingo 21 de Febreiro Vai de Roteiros! polo río Fondón PDF Imprimir Correo-e
Monday, 15 de February do 2010

logo_vai_de_roteiros.jpgDomingo 21 de Febreiro Verdegaia realizará o roteiro correspondente a este mes dentro do Programa Vai de Roteiros! . A saída está prevista para as 10:30 h. desde a igrexa de Trasmañó xunto a Convento das monxas. Este roteiro discorre integramente dentro do Concello de Redondela nas parroquias de Cedeira, Trasmañó, Chapela, Negros e Cabeiro. Sairemos da igrexa cara o río Fondón, que neste treito separa Chapela de Trasmañó, e terá dúas partes.

mapa_camio_a_trasmao.jpgA primeira parte discorre polas beiras do río Fondón, onde nos atoparemos unha das maiores, senón a maior concentración de muiños da comarca, e tamén cunha alta biodibersidade autóctona, aínda que rara nestes tempos como a Sobreira, o Acivro, Freixo, Vido, Pereira brava ou o Amieiro, tamén outras prantas como Hedra, Rañacú ou Xilbardeira, Herba salgueira ou Uz branca, e sobretodo salientar a cantidade de fentos como Espiña de peixe, Fento real ou Dentrabú, Cabriña ou o Fento macho. Esta primeira parte rematará na Mámoa do Rei.

Na segunda parte que decidimos empezar na Mámoa do Rei xa que é máis etnográfica percorrendo as mámoas, petróglifos e o Castro de Negros.

Aproveitaremos para ensinarvos o lugar (a distancia) onde estanse a facer as obras do AVE, no famoso tunel de Negros que chegará ata Vigo, xa que teremos unha vista privilexiada tando do Val do Maceiras (Redondela) como tamén da Ría de Vigo, e da Enseada de San Simón.

O roteiro é circular, son aproximadamente uns 9 quilómetros e hai un desnivel duns 200 metros. Calculamos que dure unhas 3 horas na maña e 2 pola tarde, incluidas numerosas paradas explicativas tanto botánica como etnográfica.

Hai que levar comida e bebida, xa que a metade do roteiro pararemos no Castro de Negros onde hai un merendeiro. Tamén son imprescindibels botas e gañas de ver un dos paraxes máis fermosos da Ría de Vigo.

Dende Vigo (se vides en coche) ir pola estrada Vigo Redondela e subir do Alto da Encarnación ata chegar a igrexa de Trasmañó, e se queredes vir en autobus Teriades que coller ou o C3 que vos deixaria en Cidadelle o carón do ambulatorio, ou o 23 parando na parada da Lamosa, ainda que ambos quedan un pouco lonxe da igrexa de Trasmañó, se ides coller un bus seria interesante que avisarades.

Precisamos que vos apuntedes ata o día 19 de Febreiro, ás 21:00 h (vigo(a)verdegaia.org ou no 661 240 605) para poder organizarnos para recollervos, se é preciso. Así que se ides vir en bus ou en tren a Vigo e precisades transporte ou indicacións ata Trasmañó tedes que avisarnos.

 
Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top