|
Cronica do Roteiro polas Gándaras de Budiño |
|
|
|
|
Thursday, 11 de February do 2010 |
Roteiro polas Gándaras de Budiño
rememorando o Día Internacional das Zonas Húmidas. O pasado sábado 6 de febreiro o
núcleo comarcal de Verdegaia en Vigo organizou un roteiro polas Gándaras
de Budiño-Ribeiras do Louro para celebrar o Día Internacional das
Zonas Húmidas. O obxectivo de facer esta actividade por este espazo
natural foi, unha vez máis, lembrar e concienciar ós/ás participantes
do lamentable estado actual de esta zona húmida que pertence a Rede
Natura 2000.
A pesar das continuas agresións
antrópicas que soporta este espazo con tantos valores ecolóxicos aínda
lle quedan esperanzas para que cun pouco de axuda e boa vontade política
volte recuperar parte do potencial que se lle negou.
|