Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Os Concellos galegos non se comprometen na loita contra o cambio climático PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 15 de February do 2007

Verdegaia entende que a xeralidade dos Concellos galegos non está a asumir a súa parte de responsabilidade na redución das emisións que provocan o cambio climático. Os Concellos deberían integrar a loita contra o cambio climático nas súas políticas, o que incidiría positivamente na prevención do maior problema ambiental global e na mellora da calidade de vida da cidadanía. Verdegaia demanda que, cando menos as principais cidades, apliquen estratexias municipais de loita contra o cambio climático.

Os Concellos galegos seguen sen se enteirar da necesidade de combater o cambio climático, e que iso non só é competencia da Xunta ou da Administración central. Poderían facer moito, pero a realidade é que até hoxe pouco máis fixeron que promover accións de carácter simbólico ou propagandístico. Ademais, en moitos casos, as súas decisións políticas, por exemplo en materia de transporte, alumeado público ou urbanismo, van en sentido contrario aos obxectivos do Protocolo de Quioto, do que mañán se cumpren dous anos da súa entrada en vigor. Tan só 2 dos 127 Concellos que integran a Rede Española de Cidades polo Clima son galegos, o que se pode considerar un sinal do escaso compromiso dos Concellos da nosa terra.

Verdegaia propuxo desde maio pasado aos Concellos das sete principais cidades galegas un conxunto de medidas no ámbito da enerxía, o transporte, o urbanismo, os residuos, a fiscalidade e a contratación pública que xa se teñen aplicado noutras cidades. Entre as accións propostas, incluíanse a elaboración dunha ordenanza sobre a captación e aproveitamento de enerxía solar, o impulso dun plano enerxético municipal para a mellora da eficiencia enerxética e para a incorporación progresiva de fontes enerxéticas renovables nas instalacións e servizos municipais, o estudo da creación de Axencias Locais da Enerxía para informar e prestar asistencia técnica á cidadanía e ás empresas en materia de aforro enerxético, a redacción de Planos de Mobilidade Sustentable ou a integración de medidas na planificación urbanística que tendan a diminuír as necesidades de desprazamento.

Até agora, a resposta dos Concellos ás propostas de Verdegaia non se pode considerar satisfactoria. Só o pleno do Concello de Ferrol adoptou, case na súa integridade, a moción proposta por Verdegaia, mentres que o de Vigo fíxoo en parte. Ao longo deste ano Verdegaia fará unha avaliación da implicación real dos principais Concellos galegos na loita contra o cambio climático.

Verdegaia insta aos candidatos ás próximas eleccións municipais a que concreten compromisos nos seus programas en relación con medidas e obxectivos para diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro e contribuír ao cumprimento do Protocolo de Quioto.


 

 
   Home  Print  @ Contact Top