Inicio arrow Sustentabilidade arrow O Concello de Boiro aproba a moción sobre Compra Pública Responsábel  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
O Concello de Boiro aproba a moción sobre Compra Pública Responsábel PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 20 de January do 2010

O concello de Boiro aprobou o pasado 14 de xaneiro a Moción sobre Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia dentro da campaña conxunta a prol da compra pública responsable que desenvolven ámbalas dúas organizacións nos principais concellos de Galiza. Con esta acción, o Concello de Boiro comprométese a seguir criterios éticos, sociais e ambientais na súa política de contratación de bens e servizos.

A Compra Pública Responsábel nas Administracións Públicas define a aplicación dun conxunto de parámetros sociais, ambientais e éticos na execución dos orzamentos públicos para a adquisición e para o consumo de bens e servizos por parte das distintas Administracións Públicas, sustentada fundamentalmente na Compra Pública Ética, na Compra e no Consumo Público Sustentábel e na Compra Pública Social.

En conxunto, a aplicación da Compra Pública Responsábel introduce criterios éticos relativos ao cumprimento de convencións internacionais e estándares sobre condicións laborais, como no caso dos produtos de comercio xusto; desenvolve modelos de consumo máis respectuosos co medio ambiente, minimizando o impacto ambiental do consumo municipal e contribuíndo a mellorar a calidade de vida a través do predominio de criterios ambientais; incide na calidade do emprego, na perspectiva de xénero e na contratación de persoas con discapacidade ou na inserción nos bens e servizos contratados polas administracións; introduce o apoio ás empresas de economía social, entendidas como aquelas empresas que contan con procesos de xestión democráticos e participativos, que priman as persoas e o traballo sobre o capital na repartición das rendas e teñen como finalidade o servizo aos seus membros e á colectividade antes que o lucro.

As administracións públicas son responsables do 16% das compras de bens e servizos en Galicia polo que a capacidade de incidencia na economía local da Administración é fundamental. Máis que nunca as inversións públicas deben comprometerse coas políticas ambientais (conservación e eficiencia), sociais (inserción e accesibilidade) e éticas (solidarias e de loita contra a pobreza e pola igualdade). A Administración galega non pode ser cómplice de empresas que non son socialmente responsables, contaminantes ou non cumpren cos dereitos humanos.

Por esta razón, Amarante e Verdegaia demandan un consumo responsable tamén na administración pública galega a través da campaña para a incorporación da Compra Pública Responsable en tódolos organismos públicos (Xunta, Deputacións e Concellos ) na que velen e se apliquen criterios éticos, sociais e medioambientais nas políticas de contratación.

No marco internacional e da Unión Europea, a lexislación permite incorporar os criterios sociais, ambientais e éticos nas distintas fases da contratación. Existen tamén múltiples programas e selos (Carpe , Procura+ , Respiro , etc.) que facilitan que as administracións públicas poidan facer un uso responsable dos recursos económicos.

 
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top