|
Desde hai tempo vimos
asistindo a una avalancha de queixas dos
tecores lucenses que lle imputan ao lobo un
hipotético descenso dos corzos debido a un suposto aumento da
especie na provincia, sen achegar datos da
variación de ambas poboacións. En
primeiro lugar, debemos sinalar que ante a presenza
dun depredador como o lobo, as presas
modifican a súa conduta: adoptan unha
maior actividade
crepuscular e nocturna, seleccionan áreas de maior
cobertura e pasan máis tempo vixiando.
Por todo isto, diminúe notablemente
a súa detectabilidade
e faise máis
dificil a súa observación. Ante o
descoñecemento destes feitos, era
esperable que o máis sinxelo (e
absurdo) fora denunciar unha
diminución falsa da poboación de
corzos.
Curiosamente, noutros
foros, este colectivo presume de que
a provincia de Lugo conta cunha das densidades
máis altas de corzo de toda a península Ibérica.
O certo é que os custos económicos
debidos a atropelos de corzos e porcos
bravos, moitas veces derivados da
realización de batidas, son moitos maiores cós
propios danos causados polo
lobo. Aínda que este último sexa o que
goce de mala fama debido a unha
persecución mediática sen tregua.
Actualmente, o
plan de xestión do
lobo establece que a pesar de ser unha
especie cinexética, só se autorizarán
batidas ou controis se se demostran danos
reiterados ao gando, xa
adoptaran ou non os gandeiros métodos de prevención. ASCEL
xa publicou anteriormente datos sobre a
escasa repercusión da especie demostrando que o
lobo lle afecta a menos do
0'092% do gando doméstico en Galicia e que
as enfermidades lle
causan máis perdas ao
gremio gandeiro que os danos
do lobo e sinalou
que a polémica xerada é disparatadamente
superior á realidade.
Polo tanto, queda
patente o interese dos tecores
lucenses por cazar inxustificadamente lobos,
igual que ocorre –desgraciadamente- con
outras especies como o
raposo ou os cormoráns. Todo isto
ten lugar á marxe de decenas de estudos
científicos que inciden nas nefastas
consecuencias que ten a matanza masiva de
exemplares ou a caza de grandes
depredadores para a ecoloxía das poboacións
e para a súa viabilidade
a longo prazo.
|