Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
ecotv
transforma
A Federación Galega de Caza busca crear conflitividade social para cazar lobos inxustificadamente PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 19 de January do 2010

Desde hai tempo vimos asistindo a una avalancha de queixas dos tecores lucenses que lle imputan ao lobo un hipotético descenso dos corzos debido a un suposto aumento da especie na provincia, sen achegar datos da variación de ambas poboacións. En primeiro lugar, debemos sinalar que ante a presenza dun depredador como o lobo, as presas modifican a súa conduta: adoptan unha maior actividade crepuscular e nocturna, seleccionan áreas de maior cobertura e pasan máis tempo vixiando. Por todo isto, diminúe notablemente a súa detectabilidade e faise is dificil a súa observación. Ante o descoñecemento destes feitos, era esperable que o máis sinxelo (e absurdo) fora denunciar unha diminución falsa da poboación de corzos.

Curiosamente, noutros foros, este colectivo presume de que a provincia de Lugo conta cunha das densidades máis altas de corzo de toda a península Ibérica. O certo é que os custos económicos debidos a atropelos de corzos e porcos bravos, moitas veces derivados da realización de batidas, son moitos maiores cós propios danos causados polo lobo. Aínda que este último sexa o que goce de mala fama debido a unha persecución mediática sen tregua.

Actualmente, o plan de xestión do lobo establece que a pesar de ser unha especie cinexética, só se autorizarán batidas ou controis se se demostran danos reiterados ao gando, xa adoptaran ou non os gandeiros métodos de prevención. ASCEL xa publicou anteriormente datos sobre a escasa repercusión da especie demostrando que o lobo lle afecta a menos do 0'092% do gando doméstico en Galicia e que as enfermidades lle causan máis perdas ao gremio gandeiro que os danos do lobo e sinalou que a polémica xerada é disparatadamente superior á realidade.

Polo tanto, queda patente o interese dos tecores lucenses por cazar inxustificadamente lobos, igual que ocorre –desgraciadamente- con outras especies como o raposo ou os cormoráns. Todo isto ten lugar á marxe de decenas de estudos científicos que inciden nas nefastas consecuencias que ten a matanza masiva de exemplares ou a caza de grandes depredadores para a ecoloxía das poboacións e para a súa viabilidade a longo prazo.

 
Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top