Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
ecotv
transforma
O proxecto de banca ética Fiare xa conta con representación en Galiza PDF Imprimir Correo-e
Monday, 18 de January do 2010

fiare.gifO pasado sábado 16 de xaneiro de 2010 tivo lugar a Asamblea Constituínte da Asociación Proxecto Fiare-Galiza, na que se aprobaron por unanimidade os Estatutos, traballados previamente polas 13 asociacións conformantes, entre as que está Verdegaia, e que levan xa case un ano traballando na difusión do proxecto e na elaboración de material e preparación da posta en marcha desta nova asociación.

Ás 12.45 tivo lugar unha rolda de presentación á prensa da nova asociación, para continuar despois do xantar, cunha sesión de formación sobre o proxecto de banca ética, no que participaron o Presidente do Proxecto Fiare a nivel estatal e do seu responsable de comunicación, aberta a tódala cidadadanía, e que tivo unha enorme acollida.

A nova etapa do Proxecto Fiare en Galiza traballará, a partir deste momento, para conseguir a implicación de novas asociacións e na elaboración dun plan de formación e outro de actuación, así como na definición dos obxectivos de captación de capital social dentro do país. Con esta nova Asociación en Galiza, o proxecto Fiare xa conta con representación en oito zonas do Estado e pretende ser unha alternativa real e viable á banca tradicional, rompendo os esquemas inxustos e seu modelo operacional a través da incorporación de medidas innovadoras e alternativas para a intermediación financieira e operacións bancarias, que dean lugar a unha banca ética nun futuro xa máis próximo.

O Proxecto Fiare pretende a criación e consolidación dun sistema de banca ética de ámbito estatal que se constitúa en alternativa elixible pola cidadanía e que actúe significativamente pola transformación do sistema financeiro, aliñándose con aquelas entidades que xa están traballando no ámbito da economía solidaria, co fin último de conseguir a transformación social.

Desde esta perspectiva, os obxectivos xerais de Fiare, como intermediario financeiro son:

  • Financiar actividades económicas que impliquen un impacto social positivo e transformador. É dicir, apoiar empresas, actividades e proxectos sociais, ecolóxicos, culturais e solidarios, favorecendo o desenvolvemento humano tanto nas nosas sociedades do Norte coma do Sur, poñendo o diñeiro a disposición das persoas excluídas e das organizacións que traballan con elas.
  • Ofrecer instrumentos de aforro e de investimento responsables. Trátase de poñer a disposición da cidadanía a posibilidade de apoiar cos seus aforros ese tipo de actividades, decidindo responsablemente o uso que fai a entidade financeira dos seus aforros e excluíndo calquera investimento en actividades ou empresas que colaboren co mantemento da inxustiza e o deterioro do noso mundo (tráfico de armas, explotación laboral, destrución do medio ambiente ...).

 

 
Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top